Busca

Amosando 1 - 24 de 711 resultados da busca.

Castro case desaparecido, sendo case imposible establecer as súas dimensións reais, mais que probablemente garde algunha relación cos xacementos de Agramar e As Cortinallas, en Valga.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía

Xacemento situado nun pequeno outeiro, desde onde domina todo o val do Ulla. Aínda tratándose dun xacemento moi alterado, o Castro de Cesures (Monte do Castro) aínda se identifica a través da ortofotogrametría histórica e das imaxes do LIDAR.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía

Á beira da Ponte de Cesures había un peirao, onde se atoparon pontóns soterrados de madeira petrificados e ben conservados en 1959, xunto a cerámica e moedas romanas, desde as acuñadas en tempos de Tiberio até Constantino III. Na época de dominación romana, Cesures era o porto de Iria Flavia.

A importancia portuaria de Pontecesures foi tal que, xa en 1467, Henrique IV…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía

O Camiño Portugués a Santiago discorre polos lugares de Condide, Carreiras, Infesta, San Xulián, para finalmente cruzar o río Ulla destino a Compostela.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía

A Vía Militar Romana Número XIX discorre polo Concello de Pontecesures de norte a sur ao longo da N-550, para despois enlazar coas rúas Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Víctor García.

O Itinerario de Antonino, na súa guía de camiños, contabiliza 299 millas para o percorrido da Vía Militar Romana Número XIX Via a Bracra Asturicam por Lugo. No seu percorrido sur a norte pola provincia de Pontevedra, discorre pola depresión meridiana, eixo de comunicación…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía

Trátase do camiño que Frei Martín Sarmiento realizou en 1745 para gañar o xubileu. Un carreiro de 190 quilómetros que percorre a costa guiándonos cara a Santiago de Compostela. O camiño entra no termo municipal de Pontecesures polo Monte do Porto, para despois dirixirse cara ao Porto de Cesures.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía

Asentamento romano ribeirán no río Ulla. O lugar ocupa uns 11.500 metros cadrados, ten forma ovalada e está sobreelevado do terreo circundante, que hoxe en día é un terreo intermareal. Nas primeiras escavacións levadas a cabo polo arqueólogo David Fernández Abella, consistentes nunha simple investigación superficial, apareceron fragmentos de cerámica e tellas de época romana datados entre os séculos II a.C. e V d.C. Nunha das sondaxes tamén se localizou un posible almacén…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía

Situado a unha altitude de 60 metros e a 1,5 quilómetros do río Ulla. Castro emprazado no outeiro coñecido polos veciños como O Castro, consta dunha zona superior chaira e ampla, de forma ovalada en sentido norte-noroeste e sur-sueste, con algúns pequenos socalcos a nivel inferior. Non ten, sen embargo, estruturas visibles que poidan interpretarse como sistemas de peche ou de defensa. En realidade, as fortes pendentes que bordean a este alto nos sectores leste, norte e…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía

O xacemento da Igrexa vella foi descuberto nos últimos anos, aínda que se tiñan coñecementos na memoria popular da parroquia de Cordeiro, así como nalgúns documentos antigos, da existencia dunha pequena igrexa e un mosteiro de fundación altomedieval con diversas fases de ocupación, e que foi desfeito no século XVIII para construír a actual Igrexa de Santa Comba de…

Para a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, realizouse unha enquisa ao informante Don Ramón Eiras, quen amosou todos aqueles restos materiais por el recuperados, ao longo do tempo, nas fincas situadas na paraxe coñecida como Soaviña. Entre estes restos destacan importantes anacos de cerámica de construción romana, principalmente fragmentos de later e tegula, xunto cos…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía

Na elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, localizouse o topónimo durante a revisión das listaxes catastrais actuais, coincidindo cunha zona da ladeira que, dende o Monte Fontebecha, cae cara o val do río Louro. A inspección en campo resultou infrutuosa, ao non localizarse ningún vestixio estrutural ou material de natureza arqueolóxica.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía

Na elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, localizouse este topónimo do núcleo de poboación A Torre. Fíxose unha inspección ao lugar, non atopando evidencias construtivas que permitisen identificar un elemento de tipo defensivo. Sen embargo, si se localizou, na parte final do núcleo rural (extremo leste), unha pequena elevación con afloramentos rochosos a ras de chan, que…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía

Para a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, inspeccionouse esta zona por ter localizado, na toponimia catastral, varias fincas coa denominación Cruz do Refe, que se emprazan na parte baixa da ladeira norte do Monte da Cabreira ou Monte Cabreiro, mais con resultados negativos. Sen embargo descóbrese, na zona do cumio, un lugar óptimo para a existencia de petróglifos. Así…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía

Na a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, durante a revisión da microtoponimia catastral actual, foi localizada esta denominación, correspondente a unha considerable cantidade de fincas (30 parcelas do polígono 50), que se emprazan cara a parte norte do núcleo rural de Vilar.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía

Este xacemento foi catalogado a raíz do descubrimento dunha serie de retos materiais detectados durante o control arqueolóxico da construción do gasoduto Valga-Tui. Durante aquela actuación, recuperouse ao longo dunha superficie de pouco máis de 100 metros, un conxunto material composto por 62 fragmentos, dos que a gran maioría (37 anacos) corresponden con cerámica de construción romana…


Valga - San Salvador de Setecoros | Arqueoloxía

Localizado durante os traballos de control da obra do gasoduto Valga-Tui, foi adscrito erroneamente ao Concello de Caldas de Reis.

A revisión da rocha na que se sitúan as cazoletas, dá como resultado a detección dunha nova, co que na zona…


Valga - San Salvador de Setecoros | Arqueoloxía

O castro presenta un dobre recinto central, conformado a dous niveis (a separación entre a parte superior ou croa principal e o segundo nivel soluciónase cun pequeno terraplén), defendido en todo o seu perímetro por un alto e potente terraplén. Cara o interior do recinto superior ou croa principal, pode observarse a existencia de parte dun pequeno parapeto (1 metro de altura aproximadamente), visible na parte sueste deste recinto superior. O segundo recinto, nun nivel un…


Valga - San Salvador de Setecoros | Arqueoloxía

Xacemento castrexo, composto por un recinto central, de forma aproximadamente circular, rodeado por un parapeto ou muralla e foxo exterior. O recinto central conta cunhas dimensións duns 60-65 metros de ancho, en sentido leste-oeste, por unhas medidas semellantes no eixo norte-sur, aínda que na actualidade o límite norte aparece alterado. O parapeto ou muralla térrea que circunda este…


Valga - San Salvador de Setecoros | Arqueoloxía

A Vía Militar Romana Número XIX discorre polo Concello de Valga de norte a sur polas parroquias de Setecoros (Magariños e Cernadas), Xanza (Outeiriño, A Eirexe, Campo e Medela) e Valga (Ponte Valga).

O Itinerario de Antonino, na súa guía de camiños, contabiliza 299 millas para o percorrido da Vía Militar Romana Número XIX Via a Bracara Asturicam por Lugo. No seu percorrido sur a norte pola provincia de Pontevedra, discorre pola depresión meridiana, eixo…


Valga - Santa María de Xanza | Arqueoloxía

Este xacemento foi catalogado durante a revisión arqueolóxica das obras de construción do gasoduto Valga-Tui, debido á aparición de materiais soltos e dispersos, tanto en superficie da pista, coma nas zonas de acumulación de cascallos producidos pola apertura da zona.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arqueoloxía

No lateral sur da Capela dos Martores, e case pegados ao muro da mesma, aparecen dous sartegos, a ras de chan e semisoterrados, que semellan na súa posición orixinal. Ambos están realizados en granito, sendo a súa orientación leste-oeste, coa cabeza cara o oeste. O sartego máis próximo ao muro da capela só é visible actualmente nunha pequena parte, correspondente á zona…


Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía

O Camiño Portugués a Santiago discorre polas parroquias de Setecoros (Cernadas, Casal do Eirigo, O Pino), Xanza e Valga (Chenlo, San Miguel, A Pedreira, Cimadevila, Fontenlo e Cedelo). A autoestrada AP-9 desvirtuou o seu trazado orixinal e hoxe en día discorre en paralelo á mesma, sendo atravesado atravesado por esta en Casal de Eirigo. Os fitos deste treito serían o núcleo de Casal de Eirigo, o río Valga cos muíños asociados, e o conxunto de igrexa parroquial e casa…


Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía

Na a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, localizouse o haxiotopónimo Santa Comba, detectado durante a revisión das listaxes catastrais actuais, coincidindo o seu emprazamento nun punto axeitado que puidera existir nela unha antiga capela.


Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía

Na a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, localizouse o haxiotopónimo Santa Comba, detectado durante a revisión das listaxes catastrais actuais, sendo confirmado na propia zona.

O lugar atópase moi alterado, posto que a súa…


Valga - Santa María de Xanza | Arqueoloxía