Xacemento romano do Gandarón
Este xacemento foi catalogado a raíz do descubrimento dunha serie de retos materiais detectados durante o control arqueolóxico da construción do gasoduto Valga-Tui. Durante aquela actuación, recuperouse ao longo dunha superficie de pouco máis de 100 metros, un conxunto material composto por 62 fragmentos, dos que a gran maioría (37 anacos) corresponden con cerámica de construción romana, en concreto tegulae. Xunto a este grupo, aparecen tamén 19 fragmentos de cerámica común romana (na súa maior parte vasillas sen decoración), 1 moeda e 3 pezas de granito con superficies pulidas por uso (nun dos casos foi identificado o durminte dun muíño circular de man). Naquel momento o xacemento foi erroneamente adscrito ao Concello de Caldas de Reis.
En inspección realizada para a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, localizáronse restos materiais de adscrición romana e compostos principalmente por anacos de cerámica de construción, sobre todo tegulae. Na zona de localización da cerámica, obsérvase igualmente a proliferación de pezas de granito, de pequeno e mediano tamaño, que ofrecen algunha ou varias das súas caras traballadas, e que poderían formar parte de estruturas pétreas, actualmente non determinadas.
Desgraciadamente, durante as obras do gasoduto, perdeuse unha oportunidade única para coñecer, a través de sondaxes valorativas, a tipoloxía e detalles deste xacemento. A presenza de abundantes restos materiais, tanto de construción como de uso común (cerámicas, muíños ou moedas), e os indicios aportados sobre posibles estruturas murais, levan a pensar nun asentamento da época romana, de tipoloxía aínda por determinar.
- INFORMACIÓN
- Código: VA-AQ009
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arqueoloxía
- Cronoloxía: Época romana
- Concello: Valga
- Parroquia: San Salvador de Setecoros
- Lugar: Cernadas
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
As obras do gasoduto provocaron a destrución parcial do xacemento, ao verse este cruzado pola pista da obra e a gabia do propio gasoduto. O resto do espazo que ocuparía este asentamento, presenta unha menor alteración, aínda que afectado polas plantacións de piñeiros e a apertura dunha pista forestal.
- Protección:
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-09: GA36056017)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.6625753425 , -8.6494817851
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.