Gravados do Monte da Cabreira

Gravados do Monte da Cabreira - Valga - Santa Comba de Cordeiro

Imaxe: Cristina Conde Escaloni

Para a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, inspeccionouse esta zona por ter localizado, na toponimia catastral, varias fincas coa denominación Cruz do Refe, que se emprazan na parte baixa da ladeira norte do Monte da Cabreira ou Monte Cabreiro, mais con resultados negativos. Sen embargo descóbrese, na zona do cumio, un lugar óptimo para a existencia de petróglifos. Así, estas paraxes ofrecen un emprazamento de características estratéxicas e visuais excepcionais, cun amplo dominio en perspectiva, de toda a zona da desembocadura do río Ulla (o Monte Cabreira está situado fronte á Illa de Bexo) e do fonda da Ría de Arousa, nunha contorna no que son abundantes as manifestacións deste tipo de xacementos.

Son abondosos en toda a zona superior do Monte da Cabreira os afloramentos graníticos, moitos deles con condicións axeitadas para a existencia de gravados. A revisión feita non aportou, pola contra, achado algún neste senso, aínda que debe recoñecerse que en moitos casos a maleza e os musgos e liques, cubrían boa parte das rochas.

A bibliografía ben confirmar a hipótese da posible presenza de gravados rupestres nesta superficie. Así, X. Ferro Couselo (1952, p.95) menciona que o mestre Ferro Abalo puxera no seu coñecemento que “entre la jurisdicción de Cordeiro y el Colo de Oeste, en sitio llamado Muíños do Vento, próximo al lugar de Vilar, non hace mucho que se encontraban unas peñas rasas también con círculos de los que hoy ya no queda ninguno”. O mesmo autor, nunha pequena nota a pé de páxina, referente a esta nova, afirma que “en una visita que hemos hecho posteriormente encontramos algunas cruces y abundantes hoyos en dos peñascos, un en lo alto próximo al declive del montículo hacia la ría del Ulla o del Padrón, y otro a la orilla misma del río, junto a un espigón formado por losas, restos de un antiguo embarcadero”. En base a estas referencias e ás escasas alteracións que amosa a zona, é moi posible que existan nestas paraxes varios gravados, aínda por localizar.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AQ007
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía:
  • Concello: Valga
  • Parroquia: Santa Comba de Cordeiro
  • Lugar: Vilar
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Toda a zona alta do Monte da Cabreira presenta escasas alteracións, agás a existencia de restos de muíños de vento e dunha pista de terra pola parte norte da ladeira superior.

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-07: GA36056-REF002)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Gravados do Monte da Cabreira

Túmulo dos Martores

Igrexa Vella

Túmulo Nº 3 da Pedra do Viño