Castrove

Castrove - Valga - Santa Comba de Cordeiro

Na elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, localizouse o topónimo durante a revisión das listaxes catastrais actuais, coincidindo cunha zona da ladeira que, dende o Monte Fontebecha, cae cara o val do río Louro. A inspección en campo resultou infrutuosa, ao non localizarse ningún vestixio estrutural ou material de natureza arqueolóxica.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AQ005
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Ferro
  • Concello: Valga
  • Parroquia: Santa Comba de Cordeiro
  • Lugar: Os Cotriños
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    A zona aparece cruzada por varias pistas forestais, estando esta superficie dedicada á repoboación de piñeiros, polo que as modificación no terreo son importantes.

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-05: GA36056-TOP004)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Eira dos Mouros

Castro de Vilar

Gravados do Monte da Cabreira

Castelo