Soaviña
Para a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, realizouse unha enquisa ao informante Don Ramón Eiras, quen amosou todos aqueles restos materiais por el recuperados, ao longo do tempo, nas fincas situadas na paraxe coñecida como Soaviña. Entre estes restos destacan importantes anacos de cerámica de construción romana, principalmente fragmentos de later e tegula, xunto cos restos de mineral de ferro. O informante amosou o lugar exacto onde afirma se atopa a boca da galería aparecida, descuberta ao esborrallarse en parte o corte dunha pequena zona en terraza, mencionando novamente a forma trilobulada que observou en dita galería. Esta, segundo as indicacións ofrecidas, sitúase a uns 1,5 metros por debaixo do nivel do solo actual da parte superior desta terraza, segundo confirmou Don Ramón Eiras, que é desta mesma zona de onde proceden os restos romanos que el conserva nun galpón da súa propiedade. A maior concentración de escouras e mineral de ferro aparecen a escasos metros máis cara o sur, seguindo a mesma liña no corte da terraza.
A partir das indicación aportadas, nesta zona situaríase unha galería soterrada, que mantería unha dirección leste-oeste, moi preto da cal existiría unha especie de gabia, neste caso en sentido norte-sur. Por outra parte, e moi próximo a estes restos, Don Ramón Eiras está en posesión dun machado lítico pulimentado, realizado en sílex, que afirma ter atopado nas fincas coñecidas como Portela, a escasa distancia, cara o leste, da zona de Soaviña.
- INFORMACIÓN
- Código: VA-AQ004
- Outras denominacións: Forniños ou Portela
- Tipoloxía: Arqueoloxía
- Cronoloxía: Idade Media
- Concello: Valga
- Parroquia: Santa Comba de Cordeiro
- Lugar: Carracido
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
A boca da galería foi tapada polo propietario da finca, vertendo sobre ela varias cargas de terra e escombro, sendo utilizado parte dese espazo na actualidade como camiño de acceso á zona de fincas e viñas.
- Protección:
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-04: GA36056-REF001)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.7039181302 , -8.6969753178
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.