Castro de Balleas

Castro de Balleas - Valga - Santa Comba de Cordeiro

Imaxe: Elixio Vieites

Emprazado entre as aldeas de Balleas e Socastro, a unha altitude de 60 metros e a 1,5 quilómetros do río Ulla. Localízase a 300 metros da Igrexa de Santa Comba de Louro e a 500 metros da Igrexa Vella. O Castro está emprazado no outeiro coñecido polos veciños como O Castro, consta dunha zona superior chaira e ampla, de forma ovalada en sentido norte-noroeste e sur-sueste, con algúns pequenos socalcos a nivel inferior. Non ten, sen embargo, estruturas visibles que poidan interpretarse como sistemas de peche ou de defensa. En realidade, as fortes pendentes que bordean a este alto nos sectores leste, norte e oeste, poderían ser empregados como elementos defensivos naturais, pola parte sur, onde a ladeira é máis suave e non se aprecia signo algún de elementos defensivos, aínda que hai que recoñecer que esta zona se atopa modificada, coa utilización das fincas para cultivo e construción de vivendas.

Segundo a bibliografía, non se menciona tampouco datos sobre a distribución constitutiva ou elementos defensivos do xacemento, aínda que si se menciona a aparición de achados. Deste xeito, G. Álvarez Limeses (1936, p. 411) relata que “en un montículo que desde antiguo se denomina El Castro, se han hallado sepulturas de ladrillo, y en un desmonte que don Miguel Isorna hizo para la construcción de su casa, cercana a la antigua vía romana, se encontraron dos hachas que se hallan en el Museo de Pontevedra”.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AQ002
  • Outras denominacións: O Castro ou Pombal
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Ferro
  • Concello: Valga
  • Parroquia: Santa Comba de Cordeiro
  • Lugar: Balleas
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Ademais de varios sendeiros que soben até a parte superior do outeiro, obsérvanse algúns pequenos oscos e extracción de pedra por toda a superficie. O sector sur atópase modificado por labores agrícolas e construción de vivendas.

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-02: GA36056004)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Túmulo dos Martores

Xacemento romano do Gandarón

Necrópole dos Martores

Viña do Castro