Agramar

Agramar - Valga - Santa Cristina de Campaña

Imaxe: POL (Plan de Ordenación do Litoral)

No ano 2008 levouse a cabo unha prospección terrestre e subacuática no lugar de Agramar, co obxectivo de localizar os posibles restos da Turris Augusti, monumento ao emperador Augusto, que o autor romano Pomponio Mela situou na zona no século I despois de Cristo. Tamén se pretendía recompilar datos acerca do histórico comercio e navegación fluvial no río Ulla desde a Idade do Bronce.

Nas 20 hectáreas de solo sondado en Agramar, e tamén na zona contigua das Cortinallas, reflexaron o intenso tráfico comercial que houbo no pasado a través do Ulla, co rexistro duns 70 fragmentos de cerámicos da época romana, medieval e moderna. Alén destes obxectos, a prospección meramente visual, sen catas, permitiu documentar unha nova estación rupestre con cazoletas nun soporte granítico, unha área con material medieval, relacionada coa explotación agraria na contorna da Devesa, e un xacemento non catalogado con abundante material de época romana duns 7.000 metros cadrados que semella ter muros perimetrais, e que se localiza na área no que Pomponio Mela sitúa a Turris Augusti. O estudo baralla que tamén podería tratarse dun porto fluvial romano.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo Nº 2 dos Penoucos do Campo Redondo

San Xurxo

Santa Comba

Igrexa Vella