Termos e condicións de uso

Definición do usuario do sitio web obaixoulla.gal
Defínese como usuario do servizo obaixoulla.gal, de agora en adiante «usuario», á persoa ou entidade que utilice, reproduza ou modifique o conxunto dos datos que se ofrecen no servizo obaixoulla.gal.

Tamén se considera «usuario» á persoa que crea ou ofrece aplicacións e/ou servizos que se alimentan dos datos do servizo obaixoulla.gal.

Licenza aplicable á reutilización dos datos

A utilización dos datos e servizos provistos neste sitio web supón a aceptación destas condicións de uso, aínda que o feito de aceptalas non supón a concesión ao usuario dos dereitos de autoría nin de propiedade intelectual sobre o conxunto dos datos.

Licenza Creative Commons
obaixoulla.gal  ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional, con base nunha obra dispoñible en https://www.obaixoulla.gal/.

Garantía e responsabilidade sobre o conxunto dos datos
obaixoulla.gal ofrece o conxunto dos datos dispoñibles tal e como constan nos seus ficheiros, e a pesar dos esforzos por xestionar o conxunto dos datos, non podemos asegurar a integridade, a actualización, a precisión ou o acceso continuo a este conxunto dos datos, e non ofrece ningunha garantía neste sentido.

obaixoulla.gal pode en calquera momento, engadir, eliminar ou modificar o conxunto dos datos publicados e/ou estas condicións de uso. O anuncio destes cambios publicarase nas canles habituais de comunicación de obaixoulla.gal. Calquera cambio será efectivo desde o seu momento da publicación, a menos que se notifique o contrario.

Asociación Cultural Os Penoucos