Busca

Amosando 193 - 216 de 307 resultados da busca.

Situado nun extremo dunha finca privada.

Fermoso exemplar de gran tamaño de hórreo mixto. Cimentado sobre unha repisa alta de cachotaría de granito duns 1,50 metros de altura, servindo de peche da finca. Os soportes son cinco cepas de pedra. Os dous gabinetes máis austrais están pechados con madeira, con porta de madeira no lateral oeste. O gabinete…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Situado no patio traseiro da casa dos propietarios, no núcleo de Vigo.

Cimentado sobre unha repisa ou pedestal de cachotaría de granito de aproximadamente 1 metro de alto, encintada con argamasa de arxila amarela e con pequenas pedras nos intersticios. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente na repisa. O tornarratos é unha peza…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No lugar chamado Quinteiro de Baixo.

Hórreo modificado, pero antigamente de pedra e madeira. A cimentación é unha repisa alta de perpiaños, cun patiño acaroado no lateral norte. Os soportes son catro cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento, correspondéndolle a cada un unha porta de chapa metálica no lateral norte, e con…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No lugar chamado Quinteiro de Baixo, pertencente á casa nº 115.

A cimentación é unha repisa alta de perpiaños e cachotes de granito, cunhas esqueiras de pedra de acceso ao hórreo na fronte, con cinco grades. Os soportes son catro cepas de pedra, molduradas en forma de semicírculo na parte superior. Os gabinetes están pechados con madeira no lateral…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No medio da aldea, ao pé do camiño que vai do Quinteiro de Baixo ao Quinteiro do Medio.

Un dos poucos exemplares de hórreo conservados e construídos no medio da aldea e facendo muro de peche da horta. A súa estrutura pétrea é formidable. A cimentación é unha repisa alta de perpiaños e cachotes de granito, recebada con cemento e cal na parte superior,…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No lugar chamado Eira Vella, no centro do núcleo, nun alto.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito moi alta para salvar o desnivel existente, estando actualmente cuberta na súa maior parte de vexetación. Os soportes son cinco cepas de pedra con moldura semicircular na parte superior. O gabinete do sur está pechado con ladrillo e cemento…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Na horta do seu propietario, xunto a vivenda familiar, nas aforas do núcleo.

A cimentación é unha repisa de perpiaños e cachotes de granito, encintada con cemento e cun espazo no seu interior para uso doméstico. Os soportes son tres cepas de perpiaño, encintadas tamén con cemento, e cunha pedra horizontal na parte superior. O tornarratos é unha peza…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Na horta da Casa de Aguirre, de gran extensión, onde hai un segundo hórreo e dous pombais, ademais dunhas dependencias en ruínas.

Formidable exemplar de hórreo, de…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Na horta da Casa de Aguirre, de gran extensión, onde hai un segundo hórreo e dous pombais, ademais dunhas dependencias en ruínas.

A cimentación é unha repisa alta…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Ao pé dunha pista asfaltada, pista que leva á Eiriña.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, alta, duns 2,50 metros de altura. Aínda sobre esta repisa as cepas asentan sobre unha pedra rectangular cada unha. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con argamasa. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado no medio da aldea, ao pé dunha pista asfaltada, servindo de muro de peche dunha propiedade.

A cimentación é unha repisa alta de perpiaños e cachotes de granito. Acaroado ao lado leste, ten un pequeno e rudimentario cuberto feito cunha gran lousa e sobre pés de pedra. Os soportes son catro cepas de perpiaños. Os gabinetes están pechados con…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No lugar coñecido como a Eira de Abaixo, no ángulo SE do núcleo. Ao pé da estrada.

Fermoso exemplar de hórreo mixto que presenta a particularidade de ter dous arcos de medio punto na repisa. A cimentación é unha repisa de gran altura de perpiaño na parte superior e de cachotes de granito no resto, para salvar o importante desnivel existente. Ten a…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Na entrada de Castro polo sur, vindo desde Imo, ao pé da estrada.

Fermoso e antigo exemplar de hórreo mixto, coñecido polo nome de hórreo da Casavella. A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento. Os soportes son seis cepas de pedra con molduras na parte superior. Os dous gabinetes do norte están pechados con…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Situado nunha finca onde hai unha viña, de aí o nome, na zona de Castro coñecida como Bouza do Portal.

Fermoso exemplar de hórreo mixto, de considerable tamaño. A cimentación é unha repisa de perpiaños de granito, encintados nalgún punto con cemento. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente na repisa. Tornarratos corrido ao longo de todo…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Situado na finca da Casa da Bexa, na parte alta da aldea.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, parece tratarse dun hórreo de pedra, sobre repisa de cachotaría de lousas de pedra granítica, de tres claros e cos balaústres de granito horizontal.

Sería, segundo a…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Situado no lugar do núcleo coñecido como Souta, nunha pequena parcela aberta ao pé dunha pista asfaltada, actualmente abandonada e chea de vexetación.

Cimentado sobre unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de pedra. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. O corpo do hórreo é de madeira, presentando dous…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Localizado no centro do núcleo, ao pé dunha pista asfaltada, sobre o muro de peche dunha propiedade.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito que serve de peche da propiedade, ao pé dunha pista asfaltada, de máis de 2 metros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra molduradas na parte superior e inferior. Acaroada á terceira cepa…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Nunha finca privada, moi próximo a outro hórreo, pertence as casas nº 14 e 15 na AC-305

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito encintado con cemento, duns 1,10 metros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra. Os gabinetes están pechados, agás o de diante, con malla metálica. O tornarratos é unha pedra transversal sobre cada cepa.…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Situado nunha finca pechada privada, na parte traseira da casa á que pertence, no núcleo de Vigo

Exemplar de gran tamaño de hórreo mixto. Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito encintado con cemento, duns 90 centímetros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra con moldura no extremo inferior. Dous dos gabinetes (o do norte e o do…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Pertence á casa nº 24 da rúa da Congostra, ao pé dunha pista asfaltada do núcleo de Vigo.

Cimentado sobre unha repisa de perpiaño de granito encintado con cemento, duns 1,60 metros de altura, que serve de peche da finca, ao pé dunha pista asfaltada. Os soportes son tres cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con ladrillo. O tornarratos é unha…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Pertence á casa nº 23, no núcleo de Vigo, preto da estrada AC-305, no medio dunha finca.

Fermoso exemplar de hórreo mixto con reloxo de sol. Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito. Os soportes son catro cepas de pedra, molduradas na parte superior e inferior. Os gabinetes, sen pechar, úsanse para gardar a leña. Tornarratos…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Localizado no xardín traseiro da casa á que pertence, moi preto doutro.

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito duns 1,20 metros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Situado nunha finca privada, na parte traseira da casa á que pertence o segundo claro.

A cimentación non é visible, sendo os soportes seis pés de pedra de sección cuadrangular, dispostos de dous en dous. O tornarratos é unha pedra individual para cada pé, de forma circular. Ten dous claros, con balaústres de madeira e tres cintas, cunha porta de…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Atopase na finca contigua a outro hórreo de Vigo, ao nordeste deste, a escasos metros. No propio núcleo, na parte traseira da casa á que pertence, correspondente ao nº 18.

Cimentado sobre unha repisa baixa de cachotaría de granito duns 30/40 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. O gabinete máis setentrional está pechado con…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos