Hórreo de Vigo

Imaxe: Beatriz Pereiras
Pertence á casa nº 23, no núcleo de Vigo, preto da estrada AC-305, no medio dunha finca.
Fermoso exemplar de hórreo mixto con reloxo de sol. Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito. Os soportes son catro cepas de pedra, molduradas na parte superior e inferior. Os gabinetes, sen pechar, úsanse para gardar a leña. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada. A cornixa divide o penal do pinche na parte traseira. Penal da fronte de pedra con porta de madeira pintada de verde, e penal traseiro tamén de pedra con oito fendas de ventilación horizontais. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: cruz latina alta florenzada e con chafráns, sobre escocia e esta sobre base cuadrangular, na parte dianteira; e reloxo de sol na parte traseira. Fermoso exemplar de reloxo circular sobre base en escocia e esta sobre pedestal cuadrangular. Na parte superior ten un remate tipo “agarradeira”. Conserva o gnomon. O hórreo está orientado ao NE.
É un hórreo antigo, como a casa, vivenda tradicional, do século XIX. No fronte do hórreo pon a data, mais actualmente é ilexible.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-HO057
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Hórreos
- Cronoloxía: Século XIX
- Concello: Dodro
- Parroquia: Santa María de Dodro
- Lugar: Vigo
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Bastante boa, unicamente as madeiras están en peor estado.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 59)
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.715332481945 , -8.6927095918707
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.