Hórreo de Castro

Hórreo de Castro - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado no lugar do núcleo coñecido como Souta, nunha pequena parcela aberta ao pé dunha pista asfaltada, actualmente abandonada e chea de vexetación.

Cimentado sobre unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de pedra. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. O corpo do hórreo é de madeira, presentando dous claros, con balaústres de madeira e unha cinta. Ten dúas portas de madeira no lateral leste. Linteis, columnas e cornixa de madeira. O penal dianteiro ten as columnas de madeira e presenta unha ampla porta de chapa metálica. O penal traseiro é todo de madeira, con unha cinta. Os pinches son ámbolos dous de madeira. A cubrición é de uralita, non conservando os remates. Orientado ao SE.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, o emprazamento podería ser de 1860, aínda que é imposible determinar a cronoloxía. Parece que foi desprazado.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO052
  • Outras denominacións: Hórreo da Souta
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Castro
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Moi mala, co corpo do hórreo deformado, inclinado para un lado, en total estado de abandono. Ademais, a cuberta orixinal foi cambiada por unha de uralita, e a porta frontal de madeira primitiva foi substituída por unha de chapa. Así mesmo, a contorna está afectada pola mesma situación de abandono.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 220)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Teaio

Hórreo da casa reitoral de San Xián de Laíño

Hórreo de Paizal

Hórreo de Lestrobe