Hórreo de Castro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Na entrada de Castro polo sur, vindo desde Imo, ao pé da estrada.
Fermoso e antigo exemplar de hórreo mixto, coñecido polo nome de hórreo da Casavella. A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento. Os soportes son seis cepas de pedra con molduras na parte superior. Os dous gabinetes do norte están pechados con ladrillo e cemento, servindo para gardar animais, mentres que as dúas cepas do medio e o gabinete do sur están cubertos con hedra. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten cinco claros, con balaústres de madeira e dúas cintas nos tres últimos claros, mentres que os dous primeiros claros están pechados con ladrillo. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada e servindo de separación do penal traseiro con respecto ao seu pinche. Penal dianteiro de pedra co van da porta alintelada, estando pechado con ladrillo; e penal traseiro de pedra con dez fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de uralita (na metade sur) e tella do país. Remates: non conserva a cruz, tan só a base cuadrangular; e reloxo de sol na parte traseira, de forma cuadrangular con remate semicircular e sobre base rectangular, todo en pedra, non conservando o gnomon e cuberto de fungos. Orientado ao NW. Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, mide 10 metros de longo, 2 de ancho e 3 de alto.
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, é do ano 1869, data visible no frontispicio norte, aínda que hoxe en día non se consegue distinguir. En uso actualmente. Parece tratarse dun dos hórreos máis antigos da parroquia.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-HO049
- Outras denominacións: Hórreo da Casavella
- Tipoloxía: Hórreos
- Cronoloxía: 1869
- Concello: Dodro
- Parroquia: San Xoán de Laíño
- Lugar: Castro
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Mala, conservando mal a madeira, que en dous claros foi substituída por ladrillo nos anos 60, e a cubrición. Introduce materiais de construción modernos, como o cemento e o ladrillo, nos gabinetes e claros, e a uralita, na cubrición. A pedra está cuberta de hedra, musgo e liques, sería preciso limpala.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 215)
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.719186289164 , -8.7204345672304
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.