Hórreo de Castro

Imaxe: Beatriz Pereiras
Situado nunha finca onde hai unha viña, de aí o nome, na zona de Castro coñecida como Bouza do Portal.
Fermoso exemplar de hórreo mixto, de considerable tamaño. A cimentación é unha repisa de perpiaños de granito, encintados nalgún punto con cemento. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente na repisa. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten catro claros, con balaústres de madeira e unha cinta. Ten dúas portas de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de perpiaños de granito, sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país e uralita por baixo, en bastante mal estado. Remates: cruz latina alta florenzada con botón central e ángulos en chafrán, sobre base troncopiramidal; non conserva o pináculo. Orientado ao NE.
Por analoxía cos demais hórreos, pode datarse na década de 1860.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-HO050
- Outras denominacións: Hórreo da Viña
- Tipoloxía: Hórreos
- Cronoloxía: 1860
- Concello: Dodro
- Parroquia: San Xoán de Laíño
- Lugar: Castro
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Moi mala, a madeira e a cubrición están en moi mal estado, sobre todo no terceiro claro. Non conserva o remate traseiro e ten uralita por baixo da tella da cubrición. Sería preciso limpar a pedra.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 221)
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.720256981653 , -8.7210386282822
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.