Acceso aos datos

Un dos obxectivos do proxecto é lograr a publicación da maior cantidade posible de datos, empregando formatos estruturados, preferiblemente non propietarios e procesables de forma automática.

Canto mellor estruturados e enriquecidos estean os datos máis doada será a súa reutilización e a construción de aplicacións para o seu tratamento automatizado. O uso de formatos estándar abertos permitirá que os datos sexan tratados con diversos tipos de ferramentas sen necesidades de ter que adquirir licenzas de uso.

Documentos estáticos

CSV 

(Comma Separated Values): é un formato simple para o almacenamento de datos tabulares en texto plano (sen formato), e que é moi utilizado para o intercambio de información, por exemplo, entre diferentes programas de xestión de follas de cálculo, aínda que teñan licenzas privativas.

Recomendado para traballar con follas de cálculo, como LibreOffice Calc, que está incluído na suite ofimática LibreOffice. Este formato é 100% compatible coa suite privativa Microsoft Office.

Descargar CSV

Documentos dinámicos

RESTful

Servizo RESTful (REpresentational State Transfer): é unha Interface de Programación de Aplicacións (API) que utiliza peticións HTTP. REST é soportado polos navegadores web, e pode considerarse a linguaxe nativa de Internet. Están implementadas en multitude de sitios, como Amazon, Twitter ou Google. O uso é sinxelo: o comando GET serve para recuperar un recurso, PUT para modificar ou actualizar o estado, POST para crealo, e DELETE para eliminar un recurso.

Consultar RESTful

XML

XML (Extensible Markup Language): é unha metalinguaxe extensible de etiquetas, entendida como unha maneira de definir linguaxes para diferentes necesidades, e particularmente para o intercambio de información estruturada entre diferentes plataformas. Describe os datos de forma que, empregando etiquetas, sexa posible estruturalos, tal como o fai HTML, mais que neste caso non están predefinidas, senón que podemos definir novos vocabularios para cubrir as nosas necesidades.

Consultar XML

JSON

JSON, acrónimo de JavaScript Object Notation, é un formato lixeiro para o intercambio de datos. JSON é un subconxunto da notación literal de obxectos de JavaScript que non require o uso de XML. A simplicidade de JSON deu lugar á xeneralización do seu uso, especialmente como alternativa a XML en AJAX. Unha das supostas vantaxes de JSON sobre XML como formato de intercambio de datos

Consultar JSON