Hórreo de Imo
Imaxe: Beatriz Pereiras
No lugar chamado Eira Vella, no centro do núcleo, nun alto.
A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito moi alta para salvar o desnivel existente, estando actualmente cuberta na súa maior parte de vexetación. Os soportes son cinco cepas de pedra con moldura semicircular na parte superior. O gabinete do sur está pechado con ladrillo e cemento. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten catro claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con tres portas de madeira no lateral oeste, aínda que orixinalmente debeu ter outra no claro do norte, que hoxe non se conserva. A separación entre os claros no interior é de madeira. Os esquinais son de pedra, con 14 fendas de ventilación horizontais dispostas en dúas ringleiras de sete fendas. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Os dous penais son de pedra, con 16 fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Armazón de madeira, sendo visible un dos arcos de suxeición da cubrición, que é de tella do país. Remates: non conserva a cruz, tan só a base cuadrangular; no pinche sur ten pináculo piramidal estilizado, rematado en bóla e sobre base cuadrangular. Orientado ao NE-SW.
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, sería do ano 1856, época do apoxeo do cultivo do millo. Nesta Eira Vella mallábase o liño. Actualmente, o espazo da eira está delimitado por un peche de cemento, obra dun veciño.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-HO069
- Outras denominacións: Hórreo da Eira Vella
- Tipoloxía: Hórreos
- Cronoloxía: 1856
- Concello: Dodro
- Parroquia: San Xoán de Laíño
- Lugar: Imo
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Moi mala, debido ao paso do tempo e ao abandono. Tan só conserva intacta a estrutura de pedra, mentres que a madeira e a cubrición consérvanse en moi mal estado, sobre todo no claro do norte. Sería preciso tamén, ademais de renovar a madeira e a cubrición, limpar a pedra. Recoméndase restauración.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 236)
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.712582112276 , -8.7248561038738
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.