Hórreo de Imo

Hórreo de Imo - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

No lugar chamado Quinteiro de Baixo.

Hórreo modificado, pero antigamente de pedra e madeira. A cimentación é unha repisa alta de perpiaños, cun patiño acaroado no lateral norte. Os soportes son catro cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento, correspondéndolle a cada un unha porta de chapa metálica no lateral norte, e con fendas de ventilación horizontais no lateral sur. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, dous restaurados con ladrillo no lateral norte e un con balaústres de madeira e dúas cintas, mentres que no lateral sur os tres claros están pechados con cemento, con fendas horizontais de ventilación. Ten tres portas de madeira no lateral norte, unha para cada claro, dúas delas enmarcadas por unha columna de pedra e outra de cemento. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son de pedra, con sete fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país e uralita por debaixo. Remates: cruz latina alta florenzada, con botón central e ángulos en chafrán, sobre base discoide e esta sobre base cuadrangular; e pináculo piramidal con bóla ensartada na punta e sobre base cuadrangular. Orientado ao E-W. 

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, é de principios do século XIX (entre 1800 e 1830), etapa definitiva de implantación do millo. Actualmente en uso.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO066
  • Outras denominacións: Hórreo de Mariño
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: Século XIX
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Imo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Moi mala, moi modificado, conservándose a madeira tan só nun dos claros, e para iso tan só nun lateral; o resto da madeira foi substituída por ladrillo e cemento, tanto nos claros como nos gabinetes. Así mesmo, ten uralita na cubrición.           

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 238)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo da Igrexa

Hórreo de Castro

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Castro