Hórreo de Imo

Hórreo de Imo - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

No lugar chamado Quinteiro de Baixo, pertencente á casa nº 115.

A cimentación é unha repisa alta de perpiaños e cachotes de granito, cunhas esqueiras de pedra de acceso ao hórreo na fronte, con cinco grades. Os soportes son catro cepas de pedra, molduradas en forma de semicírculo na parte superior. Os gabinetes están pechados con madeira no lateral leste, en mal estado, sendo usados dous deles para gardar leña. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral oeste. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra con sete fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Armazón de madeira e cubrición de tella do país. Remates: non conserva a cruz, mantendo só un pináculo piramidal rematado en bóla ovoide. Orientado ao SW

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, sería de principios do século XIX, na segunda época de apoxeo do millo (entre 1800 e 1830), con todas as reservas. Actualmente en uso.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO067
  • Outras denominacións: Hórreo Nº 1 de Loureiro
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: Século XIX
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Imo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, coa madeira e a cubrición en mal estado. Así mesmo, faltan pedras na parte superior da repisa. Recoméndase restauración.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 239)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Castro

Hórreo de Pexegueiro

Hórreo de Revixós

Hórreo de Rialiño