Software Libre

A orixe do software libre comeza case no principio da informática, cando os programadores intercambiaban libremente as súas ideas, consellos e código fonte. Pouco a pouco, isto foise reducindo segundo as empresas (e ás veces as propias universidades) poñían obstáculos neste libre intercambio de coñecementos, empregando as leis de propiedade intelectual e de patentes para isto.

A idea moderna de software libre comezou despois de que en 1983, Richard Stallman inicia o proxecto GNU, e nos seguintes anos, fóronse formulando diversos conceptos ideolóxicos e filosóficos, como as catro liberdades.

O código fonte do proxecto obaixoulla.gal está baseado en Drupal, unha peza de software liberado baixo licenza GPL.