Busca

Amosando 1 - 24 de 49 resultados da busca.

O Pozo do Conxeiro foi feito polos veciños de Eiró para empozar o liño que era cultivado na aldea. Sempre foi Eiró aldea de gran produción de liño, que se sementaba en Semana Santa na Horta do Liño, no Navaliño ou na Veiga. Era tal a importancia do liño, que cando se miraba para as leiras no final do mes de Santiago víase unha gran explanada de cor azul escuro que semellaba unha marea, a poucos tranquila e a poucos con marusía, que se confundía co devalar do río Ulla ao…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura industrial

Unha actividade que concitou grandes expectativas, e que non chegou a conformalas, foi a fabricación de azucre de remolacha na veiga de Padrón, unha industria que se mantivo durante uns poucos anos e con serias dificultades para subsistir. A Sociedad Anónima Azucarera de Padrón inicia a súa vida empresarial o 29 de novembro de 1899. En febreiro do mesmo ano constituírase no veciño concello de Pontecesures a sociedade Azucarera Gallega, promotora da…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura industrial

A industria padronesa de lámpadas eléctricas comezaría a súa produción en 1929 (Seijas Llerena, 2011) e consonte Freire Esparís (2007) no momento da posta en funcionamento Iria, S.A. contaba cunha fábrica de gas e outra de bombillas que complementábase coa fábrica de casquetes para lámpadas eléctricas da que figuraba como propietario e director técnico Estanislao Pérez Rey, máis coñecido…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura industrial

Construído no século XII, tratábase dun depósito de venda do sal. A Padrón outorgóuselle a prebenda real de ser o monopio da distribución do sal por toda a ría de Arousa.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura industrial

Capela pertencente á parroquia de Santa María de Cruces, na honra de San Bieito. Todos os anos no mes de xullo celébrase unha romaría na pequena carballeira que rodea á capela, sacando ao santo en procesión. Esta talla foi realizada en 1845 polo escultor Juan Martín María Pernas Gambino. Nun do laterais hai unha fonte.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura relixiosa

Non ten nichos, todos os soterramentos son de foxo no terreo. Espazos entre as sepulturas de herba, sen camiños e cun cerramento exterior de muro baixo. A tumba do Premio Nobel de Literatura de 1989, Camilo José Cela, está baixo unha oliveira (Olea europaea) incluída no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras co código 55A.

Na Adina estaban enterrados os avós e o pai de…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura relixiosa

Capela vinculada ao Convento do Carme, localizada no interior dunha masa arborada, na parte traseira do convento.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura relixiosa

Coñecida popularmente como “A de Ramos”, estaba dedicada á fabricación téxtil de lenzos e manteis, estampados, sabas, toallas e roupa da casa en xeral. Foi fundada no ano 1886 polo zamorano Ángel Ramos García. Destacar que o tecido era unha tradición artesanal iniciada en Padrón a finais do século XVIII.

Non se limitaba á comercialización do produto final, senón que…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura industrial

Restos dos muros do que se podería ter sido un cemiterio, situados na extensa parcela catastral do Pazo de Santa Cruz da Granxa.

Segundo contan veciños de Herbón, trataríase dun cemiterio proxectado para ser utilizado no lugar do parroquial, situado no atrio da…


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura relixiosa

Foi fundada no ano 1970 por Manuel Cortizo Valladares e dedícase á fabricación de todo tipo de candeas e candeóns de alta calidade para uso relixioso. Ao inicio eran traballos basicamente manuais, mais pouco a pouco foise automatizando o proceso de fabricación.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura industrial

Capela acaroada no lado sur, que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Tarrío.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura relixiosa

Preto do Aghuadeliño, nun lugar chamado O Monte do Ceo, estaba o San Xoán Vello. Esta igrexa non é coñecida nos libros nin figura en ningún catálogo oficial do Concello de Vilagarcía de Arousa. Nin os máis vellos lembran o edificio en pé, mais algúns saben que nese lugar estaban as ruínas e os terreos que aínda conservan ese nome. A lenda conta que a aquel templo vello primeiro caéralle o teito, e logo estragáranse as paredes, e así foi como o santo…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura relixiosa

Esta é a igrexa parroquial de Bamio. Trátase dunha construción de estilo barroco, que está datada na segunda metade do século XVIII. Foi realizada con cantaría, aínda que existen lugares onde se aprecia tamén o uso da cachotaría, por exemplo no muro da cabeceira. A fachada principal é austera, trátase dun lenzo no que na parte baixa ábrese unha porta de acceso e sobre ela unha ventá (ambos vanos posúen formas alinteladas), rematada por un tellado a dúas…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura relixiosa

Lugar onde queda unha pequena depresión do asentamento dun forno oleiro. Actualmente non queda case estrutura, mais si memoria da mesma.

Segundo a descrición de Luciano García Alén, os fornos de Bamio eran similares aos fornos antigos de Buño, cilíndricos, abertos na parte superior, duns 2 metros de altura e 2,5 metros de diámetro, cos muros de cachotaría de granito. A súa “parrilla” constaba dunha placa central circular feita…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura industrial

As “bólas” de barro, que pesaban de 25 a 30 quilogramos, subíanse en carros ou cestas que chegaban en barcos até preto do Campanario de Bamio, xunto a esta pedra granítica, A Laxe, lugar onde se amasaba o barro. Se o barro estaba seco, botábase auga no pío de pedra, amasábase con ferramentas, cos pés ou coa axuda dalgún animal. En todo este proceso era fundamental o traballo das mulleres.

Este pío foi salvagardado pola…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura industrial

É unha edificación moi sinxela e austera. Trátase dunha capela de planta rectangular realizada en cantaría e cachotaría, cunha pequena dependencia acaroada. A capela ten o seu acceso polo lado norte, o cal está composto por un pórtico-soportal formado por catro piares de pedra (dous a cada lado), unidos por un pequeno murete (de dúas fiadas de altura) e cara ao seu interior conta con bancos corridos. Este espazo posúe un solo de lousas de granito e unha…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura relixiosa

Trátase dunha construción illada que se atopa preto da antiga casa reitoral. Localízase nunha zona de gran dominio visual, desde a que se podía ver perfectamente toda a ría (as actuais construcións non permiten apreciar ben as vistas).

Ten planta rectangular…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura relixiosa

Esquecido durante anos, a súa contorna foi limpada e é o único forno de cocción de louza de Bamio que conserva estrutura aínda en pé. Na memoria oral consérvase que neste forno cocía ás veces o louceiro José Casal.

Segundo a descrición de Luciano García Alén, os fornos de Bamio eran similares aos fornos antigos de Buño, cilíndricos, abertos na parte superior, duns 2 metros de altura e 2,5 metros de diámetro, cos muros de…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura industrial

Segundo se conta na web de Buxa (Asociación Galega do Patrimonio Industrial), a primeira elaboración de gasosas en Galicia fixérase en Santiago en 1874, tal vez naquel restaurante que inaugurara na compostelá rúa das Orfas o suízo Antonio Mengotti, como outros compatriotas fuxido do Cantón dos Grisones na procura dunha vida mellor. Dous anos máis tarde, abríase na…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura industrial

Parece que é do século XVII, aínda que non se sabe con seguridade xa que non hai constancia da existencia de actas fundacionais nos libros do arquivo parroquial. Algún estudoso local, como Avelino Abuín de Tembra, aventura a idea de que ben puidera ter sido un cenobio monacal do século XVII, ao redor do cal nacería unha pequena comunidade…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura relixiosa

A igrexa parroquial de San Xoan Bautista de Laíño, no lugar de Padronelo, é produto da escisión da parroquia de San Xián de Laíño. Comezouse a construír en 1754 por canteiros de Cimadevila (Boiro), probablemente baixo a supervisión de Simón Rodríguez e Francisco Núñez.

Nun contexto de…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura relixiosa

Capela de planta rectangular ao carón do Pazo do Marqués de Bendaña, con muros de cantaría labrada e cuberta a dúas augas con acabado de tella camba sobre armazón de madeira. Presenta na súa fachada norte dúas portas de acceso.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura relixiosa

A actual igrexa data do ano 1738, aínda que xa existía un templo a principios do século XVII (1606), segundo Jerónimo del Hoyo. Este primitivo edificio foi mandado derrubar e reedificar en 1718 polo arcebispo de Santiago debido á súa insuficiencia, reedificación que foi proxectada, en 1719, polo senlleiro arquitecto Simón Rodríguez, un dos mellores da centuria, encargándose da súa fábrica un ano despois…


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura relixiosa

Capela de planta rectangular que ten ao carón da súa parte posterior os anexos da casa reitoral de San Xoán de Laíño, integrando un pequeno patio. A súa fronte é de cantaría con porta de acceso principal de lintel recto, abertura circular por enriba e dous remates en forma de bola na fachada principal. Os muros son de cachotaría e a cuberta a dúas augas can acabado de tella camba sobre armazón de madeira. Esta vese coroada na súa fronte por unha estrutura de sección…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura relixiosa