Pedra da Laxe

Pedra da Laxe - Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio

Imaxe: Proxecto Louceiros de Bamio

As “bólas” de barro, que pesaban de 25 a 30 quilogramos, subíanse en carros ou cestas que chegaban en barcos até preto do Campanario de Bamio, xunto a esta pedra granítica, A Laxe, lugar onde se amasaba o barro. Se o barro estaba seco, botábase auga no pío de pedra, amasábase con ferramentas, cos pés ou coa axuda dalgún animal. En todo este proceso era fundamental o traballo das mulleres.

Este pío foi salvagardado pola veciñanza coa finalidade de conservalo expoñelo nun futuro no núcleo expositivo do Centro Sociocultural de Bamio, sede do Proxecto Louceiros de Bamio.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pedra da Laxe

Restos de fornos do Campanario

Gaseosas A Nosa

Forno da Granxa