O Campanario
Imaxe: Vanesa Lago Somoza
Trátase dunha construción illada que se atopa preto da antiga casa reitoral. Localízase nunha zona de gran dominio visual, desde a que se podía ver perfectamente toda a ría (as actuais construcións non permiten apreciar ben as vistas).
Ten planta rectangular e está constituída por un pequeno edificio construído en cantaría granítica. A torre-campanario está composta por dous corpos, na parte inferior a construción conta cuns grosos muros, mentres que na parte superior érguese unha espadana (localizada no lado leste da construción).
A parte inferior caracterízase por estar construída con cantaría, cunha porta de acceso no lado norte e carece de ventás. Débese facer mención á diversidade construtiva da torre-campanario, xa que se nos fixamos nos muros podemos apreciar perfectamente que o macizo está formado por dúas fases construtivas. Unha delas sería o bloque realizado no leste (onde se atopa a espadana) e o outro un posible engadido anexo, realizado posteriormente para poder albergar o acceso á parte superior. Neste suposto engadido é onde se atopa o acceso, que se realiza mediante unha porta á que se chega a través dunha escada conformada por nove chanzos. Actualmente conta cunha porta de metal pintada de cor verde.
No interior atopamos unha escaleira de caracol que nos leva directamente á espadana. A parte superior está conformada por un tellado a tres augas realizado mediante lousas (no lado que dá á espadana carece de inclinación). A espadana está formada por dous arcos de medio punto peraltados con cadansúa campá, que son de diferente tamaño (sendo a do norte máis grande que a do sur). Estas foron realizadas en 1892 na fundición dos Hermanos Ocampo de Arcos da Condesa (Caldas de Reis). Sobre o corpo de campás ábrese un novo oco central rematado en arco de medio punto. Toda esta construción remata con tres pináculos na súa parte superior. As molduras nas que acaba a espadana son uns remates característicos do barroco galego, datados na segunda metade do século XVIII.
- INFORMACIÓN
- Código: VI-AR003
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arquitectura relixiosa
- Cronoloxía: Século XVIII
- Concello: Vilagarcía de Arousa
- Parroquia: San Xens de Bamio
- Lugar: O Campanario
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa (169 PHA)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa, aprobado o 2 de abril de 2000
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.632713998683 , -8.7599254526559
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.