Capela de San Xoán de Bamio

Capela de San Xoán de Bamio - Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio

Imaxe: Vanesa Lago Somoza

É unha edificación moi sinxela e austera. Trátase dunha capela de planta rectangular realizada en cantaría e cachotaría, cunha pequena dependencia acaroada. A capela ten o seu acceso polo lado norte, o cal está composto por un pórtico-soportal formado por catro piares de pedra (dous a cada lado), unidos por un pequeno murete (de dúas fiadas de altura) e cara ao seu interior conta con bancos corridos. Este espazo posúe un solo de lousas de granito e unha cuberta de uralita.

O corpo principal do recinto relixioso foi realizado en cantaría na parte frontal, mentres que os laterais foron realizados en cachotaría. A fachada norte pódese dividir en dous corpos que están separados polo teito do pórtico-soportal. No corpo inferior localízase a porta de acceso, trátase dun vano alintelado no que se pode apreciar perfectamente a cantaría da construción. Por outra banda, a parte superior está recebada e pintada de branco, e no centro desta fachada ábrese un vano en forma de ollo de boi.  A cabeceira é plana e conta cun pequeno vano de forma circular. 

Posúe unha cuberta a dúas augas realizada en uralita. Sobre a fachada principal érguese unha pequena estrutura de ferro, composta por catro columnas que se unen na parte superior para rematar nunha cruz latina. Esta estrutura é o lugar onde se albergaba a campá, aínda que na actualidade carece da mesma.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VI-AR001
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura relixiosa
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Vilagarcía de Arousa
  • Parroquia: San Xens de Bamio
  • Lugar: Capela
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa (21 PHA)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa, aprobado o 2 de abril de 2000

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


San Xoán Vello de Bamio

O Campanario

Igrexa de San Xens de Bamio

Capela de San Xoán de Bamio