Busca
Situado no penal sur dun hórreo de Bustelo.
Curioso exemplar de reloxo de sol. O reloxo, de esfera circular, é unha pedra de granito acaroada a un pináculo que reproduce unha construción arquitectónica, unha torre, rematada en cúpula e que asenta sobre unha base…
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
Situado no penal sur dun hórreo de Bustelo.
O reloxo, de esfera cuadrangular e liñas sinxelas, é unha placa de granito acaroada ao pináculo piramidal do hórreo, cun remate semicircular alongado na parte superior no que é visible unha peza pétrea circular. O interior…
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
O hórreo da Casavella localízase na entrada sur da aldea, desde Imo. O reloxo érguese na parte traseira do hórreo. Situado na cara sur dun hórreo de Castro, coñecido como da Casavella.
O reloxo, de esfera cadrada, é unha pedra de granito cuadrangular exenta con…
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
O hórreo localízase na horta pechada con muro de pedra pertencente á Casa de Cabanas, no nº 103. Situado na parte traseira dun hórreo de Imo, coñecido como o Hórreo de Cabanas.
O reloxo, de esfera cadrada, é unha pedra de granito cuadrangular exenta, de formas…
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
O hórreo localízase na zona de Quinteiro de Abaixo, ao lado dunha pista polideportiva. Situado na cara sur dun hórreo de Teaio, coñecido como de Carcacío.
O reloxo, de esfera cadrada, é unha pedra de granito rectangular exenta, con remate na parte superior piramidal…
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
Localizado nun hórreo da Eira de Lestrobe deste núcleo, na parte alta da aldea, situado no ángulo SE da Eira.
Fermoso reloxo de sol situado no pinche traseiro dun hórreo da Eira dos Hórreos de Lestrobe. Trátase dun reloxo de granito, exento, de forma circular, con…
Dodro - Santa María de Dodro | Obra civil
Localizado nun hórreo de Vigo, pertencente á casa nº 23 do núcleo, preto da estrada AC-305, no medio dunha finca.
Fermoso exemplar de reloxo de sol situado no pinche traseiro dun hórreo de Vigo. Reloxo circular de pedra, exento, sobre unha base en escocia. No interior…
Dodro - Santa María de Dodro | Obra civil
Situado no pinche traseiro dun hórreo de Vigo, situado nunha finca privada, na parte traseira da vivenda á que pertence, a casa nº 10, ao pé da AC-305.
Segundo exemplar de reloxo de sol localizado na aldea de Vigo, ambos os dous situados en hórreos. Reloxo de…
Dodro - Santa María de Dodro | Obra civil
Esta é unha das dúas vivendas de planta circular na aldea de Castro, ao carón do Hórreo da Miguensa.
As edificacións máis antigas de Castro: casas redondas, palleiras, alpendres... teñen todas unha pedra de seixo nas súas paredes. A finalidade destas pedras pode ser como…
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil
Segundo os investigadores Xosé Comoxo e Xesús Santos, o lendario bandoleiro Xan Quinto era da parroquia rianxeira do Araño. O seu nome real era Antonio Rodríguez Otero.
Foron varios os escritores os que o citaron nas súas obras, situándoo na segunda metade do século XIX. Parecía tratarse dun tipo froito da inventiva popular aproveitado polos intelectuais da época…
Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura civil
Na Aldea de Abaixo, no xardín privado pechado que se estende trala casa nº 27.
A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito, duns 30 centímetros de alto. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas,…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Aldea abandonada no lugar de Bustelo, preto das aldeas de Rialiño, Paizal e Traxeito. Neste punto tan só existen un par de vivendas, un alpendre e un pombal, ademais dun muíño xa máis abaixo, que era o que daba luz eléctrica a este pequeno enclave.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil
As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do…
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil
Hórreo no lugar da Mámoa, moi próximo á fonte e lavadoiro de Suigrexa.
Rianxo - Santa María de Asados | Hórreos
Pontella sobre o río da Arregañada, ao carón do Muíño de Riba.
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
Pontella sobre o río da Arregañada, ao carón do Muíño Tellado.
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
A Eira de Traxeito é un espazo comunitario dedicado, no seu tempo, ás labores de malla do trigo, avea ou centeo que se gardaba nos hórreos que a rodeaban e que se conservan tres, aínda que un deles en moi mal estado. Foi restaurada polo Concello de Dodro no ano 2010 coa colocación de pedra no seu chan e uns bancos de pedra para desfrute dos veciños. Actualmente é utilizada polo Concello para a realización de actividades culturais.…