Eira de Lestrobe (5 hórreos)

Eira de Lestrobe (5 hórreos) - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Xenealoxías do Barbanza

No punto coñecido como Eira dos Hórreos, na parte alta da aldea.

Conxunto de 5 hórreos na zona alta do núcleo de Lestrobe. Os cinco hórreos que se conservan nesta eira están, ou ben modificados, ou ben restaurados. Todos están orientados ai NE. Dous destes hórreos foron rehabilitados, mentres que outro está moi modificado con respecto ao seu estado orixinal, faltándolle un claro e estando pechado con ladrillo. Outro está moi reformado tamén (é de cemento).

Parece que orixinalmente constaba esta eira de sete hórreos, conservándose actualmente cinco. Un deles, o máis grande (tres claros) foi desmantelado para facer un garaxe privado de cemento e ladrillo, e estaría localizado no ángulo NE da Eira. O outro tan só conserva o seu emprazamento, sendo visible restos correspondentes á repisa onde asentaba o hórreo.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO002
  • Outras denominacións: Eira dos Hórreos
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Lestrobe
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Atópanse en diferentes estados. Recomendaríase o acondicionamento do entorno dos hórreos e da propia eira, moi descoidada.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CH-01)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 14)

    Reloxos de sol de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Traxeito

Hórreo de Eiró

Hórreo de Eiró

Hórreo de Vigo