Hórreo de Teaio
Imaxe: Beatriz Pereiras
Localizado ao lado dunha pista polideportiva, facendo de peche dunha horta.
A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, para salvar o desnivel existente. Os soportes son catro cepas de pedra, con fermosa moldura semicircular na parte superior. Os gabinetes están pechados con ladrillo, para usos domésticos, con excepción do gabinete sur, onde é visible, ocupando o espazo da repisa e o gabinete, unha porta de perpiaños con folla de madeira, sendo a entrada para pasar á horta. Tornarratos corrido ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, pechados con ladrillo, cunha porta de madeira no lateral leste. Os esquinais son de pedra, con oito fendas de ventilación horizontais. Linteis, columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son de pedra, con 16 fendas de ventilación horizontais dispostas en dúas ringleiras de 8 fendas cada unha. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Nos dous pinches é visible unha cartela, aínda que, debido ó gastada que está a pedra, non se consegue distinguir a inscrición. Segundo a ficha do inventario de Patrimonio, na cartela do pinche Sur pon: “R DHJO29 AÑO D1869”. Cubrición de tella plana. Remates: cruz latina alta de sección cuadrangular, sobre base en escocia e reloxo de sol de esfera cadrada sobre base rectangular. Orientado ao NE-SW.
Segundo se desprende da inscrición visible no pinche sur, e segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría do ano 1869. Sería un dos hórreos máis antigos da aldea e da parroquia. Non obstante, pola tipoloxía do hórreo corresponde máis co tipo de hórreo construído a principios do século XX.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-HO116
- Outras denominacións: Hórreo do Carcacío
- Tipoloxía: Hórreos
- Cronoloxía: 1869
- Concello: Dodro
- Parroquia: San Xoán de Laíño
- Lugar: Teaio
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Mala, coa substitución da madeira por ladrillo e a presencia deste tamén nos gabinetes. Sería preciso limpar a pedra.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 260)
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.715407267932 , -8.7527580168015
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.