Reloxo de sol de Imo

Reloxo de sol de Imo - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

O hórreo localízase na horta pechada con muro de pedra pertencente á Casa de Cabanas, no nº 103. Situado na parte traseira dun hórreo de Imo, coñecido  como o Hórreo de Cabanas.

O reloxo, de esfera cadrada, é unha pedra de granito cuadrangular exenta, de formas sinxelas e rústicas. Asenta sobre un bloque de granito rectangular, o cal serve de remate do pinche. Conserva o gnomon, sendo este unha placa triangular. As liñas horarias apenas se perciben, ademais de polo desgaste da pedra, pola existencia de fungos na pedra. Mide 30 centímetros de alto e 30 de ancho. Reloxo de sol vertical ortomeridiano. Orientado ao sur.

Segundo a ficha de Patrimonio, dataría do ano de 1758, sendo o exemplar máis antigo da parroquia. Construído polos mesmos canteiros que construíron a igrexa parroquial. Parece que a sinxeleza de liñas e a ausencia de decoración o emparenta cunha moi antiga escola de canteiros que tivo como núcleo de espallamento Boiro.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-OC037
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Imo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, con gran desgaste da pedra, sendo apenas visibles as liñas horarias.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010

    Reloxos de sol de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pombal do Pazo de Hermida

Pombal Nº 3 de Teaio

Pombal de Castro

Pombal de Rialiño