Reloxo de sol de Lestrobe

Imaxe: Beatriz Pereiras
Localizado nun hórreo da Eira de Lestrobe deste núcleo, na parte alta da aldea, situado no ángulo SE da Eira.
Fermoso reloxo de sol situado no pinche traseiro dun hórreo da Eira dos Hórreos de Lestrobe. Trátase dun reloxo de granito, exento, de forma circular, con molduración no contorno e rematado na parte superior en dous pequenos semicírculos ós lados e un talo no centro. Asenta sobre unha base cuadrangular alta, cuxa cara frontal pode verse un motivo decorativo floral en baixo relevo inscrito nun círculo escavado na pedra. Ouros motivo decorativo floral, este máis pequeno pero tamén en baixo relevo inscrito nun círculo escavado na pedra, é visible na parte superior do propio reloxo, na confluencia dos remates semicirculares e o talo. Conserva o gnomon ou estilo, sendo este unha barra ríxida. Trátese dun cuadrante vertical ortomeridiano. Orientado ao sur.
Podería situarse a finais do século XIX, século no que parece que este tipo de construcións tiveron máis auxe. Único exemplar localizado en Lestrobe.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-OC039
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Obra civil
- Cronoloxía: Século XIX
- Concello: Dodro
- Parroquia: Santa María de Dodro
- Lugar: Lestrobe
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Regular, conserva o gnomon aínda que as liña horarias non son visibles debido ao desgaste do granito.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.732303573152 , -8.6704592998672
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.