Hórreo de Imo

Hórreo de Imo - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

No lugar chamado Aldea de Riba, na horta do seu propietario, pechada cun valado de cachotaría, xunto con outras dependencias domésticas. A casa á que pertence é coñecida como a Casa de Cabanas, identificándose co solar nº 8.

A cimentación non é visible, sendo o soporte un celeiro de cemento, con espazo para gardar cosas o seu interior. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra con cinco fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: non conserva a cruz, tan só a base, de dous bloques cuadrangulares; e, na parte traseira, reloxo de sol sobre base, de esfera cadrada, con gnomon triangular. Orientado ao NE.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, é do ano 1758, que se corresponde coa construción da maioría dos hórreos de Imo, polos mesmos canteiros que ergueron a igrexa parroquial. Non hai datos fidedignos, aínda que a familia alegou a existencia de documentación. Datouse este hórreo, polas súas características, no tempo en que o cultivo do millo acadou total estabilidade na comarca, na segunda metade do século XVIII.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO242
  • Outras denominacións: Hórreo de Cabanas
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: Século XVIII
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Imo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, cos pés recebados con cemento para construír un espazo pechado de uso doméstico. Ademais, non conserva a cruz e sería preciso cambiar a madeira, a cubrición e limpar a pedra.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 234)

    Reloxos de sol de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Bexo

Hórreo de Reboiras

Hórreo de Imo

Hórreo de Bustelo