Reloxo de sol Nº 1 de Bustelo

Reloxo de sol Nº 1 de Bustelo - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado no penal sur dun hórreo de Bustelo.

Curioso exemplar de reloxo de sol. O reloxo, de esfera circular, é unha pedra de granito acaroada a un pináculo que reproduce unha construción arquitectónica, unha torre, rematada en cúpula e que asenta sobre unha base cuadrangular cos ángulos superiores en chafrán. Non conserva o gnomon, o cal sería unha lámina triangular. As liñas horarias non se ven, debido ao desgaste da pedra e a que esta está cuberto de fungos. Aproximadamente mide uns 30 centímetros de diámetro. Reloxo de sol vertical ortomeridiano. Orientado ao sur.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de finais do século XIX. Parece que foi nese século cando este tipo de construcións tiveron máis auxe.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-OC034
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: Século XIX
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Bustelo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, xa que lle falta o gnomon e as liñas horarias non son visibles. Así mesmo, a pedra está gastada e cuberta de vexetación.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010

    Reloxos de sol de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Rúa Moncho Reboiras

Pombal da Viña

Pombal de Bustelo

Reloxo de sol Nº 1 de Teaio