Reloxo de sol Nº 2 de Vigo

Reloxo de sol Nº 2 de Vigo - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado no pinche traseiro dun hórreo de Vigo, situado nunha finca privada, na parte traseira da vivenda á que pertence, a casa nº 10, ao pé da AC-305.

Segundo exemplar de reloxo de sol localizado na aldea de Vigo, ambos os dous situados en hórreos. Reloxo de granito exento de forma cuadrangular coas esquinas redondeadas, e coa parte superior rematado nun arco convexo do que sae un remate en forma de guitarra rematado nunha gran bola. Asenta sobre unha base cuadrangular. Conserva o gnomon, sendo este unha placa triangular, e as liñas horarias. Reloxo de sol vertical ortomeridiano. Orientado ao sur.

En 2010, di a propietaria que o hórreo debe ser antigo, que lle acorda toda a vida alí.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-OC041
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Vigo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Moi boa, conserva o gnomon enteiro e as liñas horarias son perfectamente visibles.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010

    Reloxos de sol de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño de vento de Chenlo

Reloxo de sol de Bexo

Pontella de Susavila

Reloxo de sol Nº 2 de Bustelo