Casa de Xan Quinto

Casa de Xan Quinto - Rianxo - Santa Baia do Araño

Imaxe: Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico | Concello de Rianxo

Segundo os investigadores Xosé Comoxo e Xesús Santos, o lendario bandoleiro Xan Quinto era da parroquia rianxeira do Araño. O seu nome real era Antonio Rodríguez Otero.

Foron varios os escritores os que o citaron nas súas obras, situándoo na segunda metade do século XIX. Parecía tratarse dun tipo froito da inventiva popular aproveitado polos intelectuais da época para recrealo nas súas páxinas. Asaltaba a tratantes, recadadores, arrieiros e feirantes.

O texto que segue a continuación foi extraído do perfil de Facebook de Rabunho rexeita.

A súa cuadrilla estaba formada polo seu irmán Ramón, Manuel Romero Agrasar "Navallas" e Xosé Morales Rosende. A veces uníase a eles Barreiro da parte de Urdilde, xunto con outros membros de menor relevancia que entre cómplices e enlaces tiñan o entramado necesario para darlle consistencia á banda e burlar á xustiza. “A Pucha” era a amante preferida de Xan Quinto, sendo a muller de confianza que se encargaba de colocar a mercancía en Noia e de facer chegar os anónimos que el facía para sacarlle os cartos aos ricos.

A morte de Xan Quinto é un misterio pois non se coñece nin a data nin onde aconteceu, uns din que en Portugal, onde recibiría unha coitelada nunha loita, outros din que en Cordeiro onde sete homes o mallaron a fungueirazos e chegou moribundo a súa casa do Araño, e que foi enterrado pola propia cuadrilla tapado por un muro de pedras.

Este enterramento segredo, ao tratarse dun rebelde fora da lei, inimigo dos cregos, asaltador de reitorais e casas de ricos, aínda que despois os repartise cos pobres de solemnidade, non podía quedar rexistrada a súa morte no libro de defuncións. Seu irmán Ramón morreu de vello na súa casa. “O Navallas” despois de saldar a débeda coa xustiza, debido aos grilletes e as bólas de castigo das celas acabaría eivado e morrendo tamén no Araño .

Din os escritores que polas veigas de Santa Baia do Araño oíase unha cantiga de boca en boca:

 

Famoso bandoleiro

altivo, xusticeiro

o Xan Quinto do Araño

por facer o menor dano

o que aos ricos roubaba

aos pobres o entregaba.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Casa reitoral de Santa María de Asados

Casa Nº 2 de Sestelo

Casa de Álvaro Núñez de Isorna

Restaurante Feliciano