Busca

Amosando 1 - 24 de 366 resultados da busca.

Muíño de vento de planta circular e muros de cachotaría. Os abanos deste muíño non terían sido fixos como outros da zona, senón que tería unha cuberta móbil cónica, cun armazón xiratorio de madeira, movido por unha xugada de bois, que permitiría carear as aspas tendo en conta a dirección do vento. O movemento transmitiríase a un eixo e a unha ou dúas pedras de moer.


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

Porto no lugar de Abuín onde paran os barcos para cargar e descargar ou para abrigarse.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Porto no lugar de Sobrido, na Enseada do Pico. Aínda que empregado como porto para pequenas embarcacións, a tipoloxía dos muros poderían indicar que no pasado tivo un uso de viveiro, salina ou alfolín.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Na contorna frondosa da Punta do Agriño, ao abrigo dos ventos na entrada da Enseada de Rial, localízase o embarcadoiro de Rañó. Este pequeno complexo atópase composto por unha rampla de gran envergadura, construída en pedra de granito e…


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Porto no lugar de Rial onde paran os barcos para cargar e descargar ou para abrigarse. Chégase cruzando a Ponte de Rial, ao carón do Muíño de Lodeiros, xa na desembocadura do río do Mar ou rego de Rial no Ulla.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

O Pozo do Conxeiro foi feito polos veciños de Eiró para empozar o liño que era cultivado na aldea. Sempre foi Eiró aldea de gran produción de liño, que se sementaba en Semana Santa na Horta do Liño, no Navaliño ou na Veiga. Era tal a importancia do liño, que cando se miraba para as leiras no final do mes de Santiago víase unha gran explanada de cor azul escuro que semellaba unha marea, a poucos tranquila e a poucos con marusía, que se confundía co devalar do río Ulla ao…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura industrial

Unha actividade que concitou grandes expectativas, e que non chegou a conformalas, foi a fabricación de azucre de remolacha na veiga de Padrón, unha industria que se mantivo durante uns poucos anos e con serias dificultades para subsistir. A Sociedad Anónima Azucarera de Padrón inicia a súa vida empresarial o 29 de novembro de 1899. En febreiro do mesmo ano constituírase no veciño concello de Pontecesures a sociedade Azucarera Gallega, promotora da…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura industrial

A industria padronesa de lámpadas eléctricas comezaría a súa produción en 1929 (Seijas Llerena, 2011) e consonte Freire Esparís (2007) no momento da posta en funcionamento Iria, S.A. contaba cunha fábrica de gas e outra de bombillas que complementábase coa fábrica de casquetes para lámpadas eléctricas da que figuraba como propietario e director técnico Estanislao Pérez Rey, máis coñecido…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura industrial

Construído no século XII, tratábase dun depósito de venda do sal. A Padrón outorgóuselle a prebenda real de ser o monopio da distribución do sal por toda a ría de Arousa.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura industrial

Antigo serradoiro situado á beira do río Ulla, a uns 230 metros da Telleira de Quintáns, tamén na ribeira do Ulla. O conxunto está formado dúas construcións independentes dispostas en L. Edificación principal de planta irregular resultado da agrupación de varios volumes, resolta con estrutura de formigón e cerramento de bloque, coa cuberta a dúas augas de…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura industrial

Localízase no lugar Agro de Telleira, entre Quintáns e A Vacariza, a uns 230 metros do Serradoiro de José Ribeiro, tamén na ribeira do Ulla.

Nada se sabe da súa construción ou orixe. A súa propiedade era da familia Rivela, da muller de Ramón Rodríguez "Roeiro".…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura industrial

No xardín dianteiro dunha casa, no lugar coñecido como Agro da Chousa, no Quinteiro de Arriba. 

Situado sobre unha grade  de cemento do xardín dianteiro da casa, non sendo este o seu emprazamento orixinal. O reloxo, de esfera cadrada, é unha pedra de granito rectangular exenta. Na súa cara frontal é…


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

Situado na parte superior dun portalón que da acceso ás vivendas número 16 e 26 do lugar Tallós, ao pé da estrada AC-305.

Exemplar de reloxo de sol construído na cima dun portalón alintelado de pedra, xunto con unha cruz latina florenzada con botón central e con ángulos en chafrán, apoiándose na súa base…


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

Emprazado na parte superior da parede sur dunha vivenda, no lugar de Rial da Lagoa.

Exemplar de reloxo de sol localizado na parede dunha construción, neste caso unha vivenda de pedra. Asenta sobre un saínte pétreo ou peaña. O reloxo, feito nun bloque de granito, é de forma rectangular coas esquinas superiores…


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

Localizado na portada de entrada a unha finca privada, propiedade, orixinalmente, da Casa da Bexa, na zona alta do lugar de Castro.

Trátase dun dos reloxos de sol máis fermosos do concello e o único exemplar no mesmo de reloxo cúbico. Localízase sobre un dos muros de peche da propiedade, na esquina occidental do…


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

Reloxo de sol múltiple no Santiaguiño do Monte, sobre o muro que delimita a Finca O Carballal.


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

Miradoiro-balcón metálico sobre muro de pedra, na actual avenida Castelao, orientado ao Paseo do Espolón.

Segundo escribe Eloy Rodríguez Carbia, “o…


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

Na década dos anos sesenta e setenta, e incluso nos oitenta, era habitual ver navegar o leito do río Ulla por grandes barcazas cargadas de area. Era unha actividade emerxente que naceu baixo o paraugas da construción, pois as obras, tanto públicas como privadas, comezaban a alorar por todos os municipios da comarca e Galicia. Foi unha actividade moi importante e que deu de comer a moitas…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura industrial

Palco octogonal construído en pedra.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil

Antigos pasais que atravesaban o río Sar Vello, no lugar do Pombal, xa no Campo da Insua. Estes desapareceron coa construción do desvío do río Sar.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil

O rego de Manselle, que pasa por Rial, está cheo de vellos muíños: o do Can, o de Rial, o do Batán, o de Chacón… Enriba da fonte da aldea érguese a cruz dun cruceiro que leva inscrita a data de 1603, o máis antigo do concello. Quizais son restos do antigo Cruceiro de Basoco, derrubado por un ciclón a principios do século pasado.


Dodro - San Xián de Laíño | Elementos relixiosos

Na parede dunha das torres do Santuario da Escravitude localízase este reloxo de sol de tipoloxía declinante a poñente, co gnomon dobrado, e coa inscrición: "POLI ARTICI / GRADI?? / AÑO IVBILEI 1745".


Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil

Na Telleira de Quintáns extraíase barro do monte veciño, do outro lado da estrada, onde había “dúas ou tres covas de onde apañaban o barro”. Este barro era rico en xisto, polo que o mesturaban co procedente de Dena.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura industrial

Na parede sur da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia localízase este reloxo de sol.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil