Reloxo de sol de Tallós
Imaxe: Beatriz Pereiras
Situado na parte superior dun portalón que da acceso ás vivendas número 16 e 26 do lugar Tallós, ao pé da estrada AC-305.
Exemplar de reloxo de sol construído na cima dun portalón alintelado de pedra, xunto con unha cruz latina florenzada con botón central e con ángulos en chafrán, apoiándose na súa base cuadrangular o reloxo. O reloxo é unha placa de granito de forma cuadrangular cun remate superior rectangular enmarcado con dúas volutas. Conserva completo o gnomon, sendo este unha placa triangular, e as liñas horarias son perfectamente visibles. Cuadrante vertical ortomeridiano (orientado ao sur).
Trátase do único exemplar de reloxo de sol sobre a portada dunha vivenda da provincia da Coruña que ven referido e da como coñecido J.L. Basanta no seu estudio dos reloxos de sol (2003: 88): “A Coruña está representada por un reloj sobre portada, apoyado en la base de una pequeña cruz y que se encuentra en Dodro (carretera general Padrón-Ribeira); (....)”. En total, refire para toda Galicia cinco exemplos coñecidos (por el) de reloxos solares situados sobre portadas de accesos a fincas con vivendas (p. 87).
Conta o propietario que esta entrada, e o reloxo en concreto, son moi antigos, que debía tratarse, orixinariamente, dunha casa de xente adiñeirada ou ben de propiedade eclesiástica. Este é o segundo exemplo de reloxo de sol nunha portada de entrada a unha propiedade atopado no concello, o outro exemplo é o de Teaio.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-OC020
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Obra civil
- Cronoloxía: -
- Concello: Dodro
- Parroquia: San Xián de Laíño
- Lugar: Tallós
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Moi bo, conservando perfectamente o gnomon e as liñas horarias.
- Protección:
Non
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.715560922481 , -8.7025410073769
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.