Serradoiro de José Ribeiro

Serradoiro de José Ribeiro - Rianxo - Santa María de Isorna

Imaxe: Arquivo Gonzalo Romero Osende

Antigo serradoiro situado á beira do río Ulla, a uns 230 metros da Telleira de Quintáns, tamén na ribeira do Ulla. O conxunto está formado dúas construcións independentes dispostas en L. Edificación principal de planta irregular resultado da agrupación de varios volumes, resolta con estrutura de formigón e cerramento de bloque, coa cuberta a dúas augas de fibrocemento. A segunda construción é de planta rectangular con cuberta a dúas augas de tella e estrutura de madeira, que se prolonga na fachada norte apoiada sobre pilastras de granito.

O serradoiro de José Ribeiro emprazábase na parroquia de Isorna, mentres que do outro lado do río Ulla, na parroquia de Oeste (Catoira), estaba Serrerías Industriales de Catoira.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AI001
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura industrial
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Isorna
  • Lugar: Agro de Telleira
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-018)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Telleira de Palleiro

Mina de Quintáns

Telleira de Quintáns

Restos de barcos areeiros