Muíño de Lodeiros
Imaxe: ilhadeorjais.blogspot.com
Muíño situado ao sur do lugar de Rial, na marxe do río do Mar ou rego de Rial, no camiño que leva ao Porto de Leiro pola Ponte de Rial. Construción de planta rectangular resolta con muros mixtos de cachotaría e cantaría, coa cuberta a dúas augas formada por grandes lousas de granito sobre estrutura de madeira Cornixa perimetral de lousas de granito sobre os muros. Acceso na fachada lateral mediante porta alintelada de madeira e fachada ao camiño cun pequeno oco central.
Na porta ten un lintel a modo de pedra fundacional onde se pode ler: “HIZO D. BALTASAR BLANCO EN EL AÑO DE 1832”. Na porta de madeira, que está na fachada norte, ten uns debuxos moi curiosos, feitos cun obxecto metálico que representan un, ou varios barcos de vela.
No 1981 publicuouse un arito titulado "Dous grabados de embarcións nun muíño de Rial" en BRIGANTIUM Boletín do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña nº 2, da autoría do profesor coruñés Fernando Alonso Romero. Dito artigo fai referencia á existencia duns deseños na porta do muíño. Tamén achega un calco dos mesmos, illados de outras marcas interesantes, como son algunhas cruces feitas coa mesma técnica de incisión que os barcos.
- INFORMACIÓN
- Código: RI-AA045
- Outras denominacións: Muíño do río do Mar
- Tipoloxía: Arquitectura da auga
- Cronoloxía: 1832
- Concello: Rianxo
- Parroquia: Santa María de Leiro
- Lugar: Rial
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (M-015)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.653365740331 , -8.7696953845029
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.