Porto de Rañó

Porto de Rañó - Rianxo - Santa María de Leiro

Imaxe: @patrimoniomaritimo

Na contorna frondosa da Punta do Agriño, ao abrigo dos ventos na entrada da Enseada de Rial, localízase o embarcadoiro de Rañó. Este pequeno complexo atópase composto por unha rampla de gran envergadura, construída en pedra de granito e situada perpendicular ao bordo litoral e unha serie de ramplas de menor envergadura, tamén en pedra, en peor estado de conservación.

No extremo máis exposto do complexo, localízanse os restos dunha posible fábrica de salgadura con muros de pedra, supostamente asociada ao porto.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Reloxo de sol da Casa da Lagarteira

Panteón do Cemiterio de Santa María de Leiro

Reloxo de sol da Mámoa

Pontella da Devesa do Rei