Santiaguiño do Monte
Imaxe: Elixio Vieites
Desde a Idade Media foi lugar xacobeo, impulsado no século XV polo Arcebispo Rodrigo de Luna, e no século XX polo Arcebispo Martín de Herrera. Segundo a lenda, cando Santiago estaba a predicar o evanxeo, foi desafiado por unha muller que lle dixo: ”Se o teu Deus ten tanto poder, que faga xurdir a auga para quitar a miña sede”. Entón Santiago golpeou a pedra co seu bastón, xurdindo un manancial de auga ao que hoxe en día se lle dan propiedades milagreiras.
Unha pedra cun posible podomorfo atópase ao carón da Ermida do Santiaguiño do Monte e a súa fonte milagreira. O lugar está situado a 141 metros de altitude nun monte de forte pendente, e desde onde se ten unha ampla visión do territorio que rodea Padrón e o seu amplo val, que é punto de confluencia do río Sar co río Ulla. Non se pode concretar se o podomorfo formaría parte dun conxunto máis amplo de petróglifos, dado que o lugar que ocupa a ermida e a fonte foi fortemente transformado para a súa construción, e só quedou bastante ben conservado o grupo de batolitos con cruces e cavidades, que se atopan a uns poucos metros do podomorfo.
O Santiaguiño do Monte foi un dos escenarios onde se rodou a película “En la red de mi canción”, protagonizada por Andrés do Barro no 1971. Esta aventura cinematográfica do cantante galego fracasou, e incluso foi dobrado por un actor de dobraxe profesional, aínda que as cancións si mantiñan a súa voz.
- INFORMACIÓN
- Código: PA-AQ021
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arqueoloxía
- Cronoloxía: -
- Concello: Padrón
- Parroquia: Santiago de Padrón
- Lugar: Alto do Santiaguiño
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Sufriu diversas modificacións para converter o espazo nunha zona recreativa, en detrimento dos seus valores patrimoniais e antropolóxicos.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón (GA15065013)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.738052170166 , -8.667667952397
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.