Enseada do Pico

Imaxe: POL (Plan de Ordenación do Litoral)
O treito final do río Ulla baña os municipios de Catoira, Valga, Pontecesures, Vilagarcía de Arousa, Padrón, Dodro e Rianxo, formando unha ampla enseada con zonas de marisma e arboredo de ribeira que pouco a pouco se vai abrindo nunha das máis extensas, ricas e diversas, desde o punto de vista ecolóxico, das rías galegas.
Un percorrido en tren desde Santiago de Compostela en dirección Vilagarcía de Arousa ou viceversa. ofrece a posibilidade de contemplar este espazo natural en toda a súa extensión.
Así, seguindo o río Ulla pola estrada comarcal que vai desde o centro urbano de Rianxo, dirección á parroquia de Santa María de Isorna, atopamos unhas paraxes incomparables, xa que o río neste treito forma un corredor rodeado de carrizais e pequenos montes que lindan coa Serra do Barbanza.
Entre estas paraxes destaca a aldea de Quintáns, situada nun lugar privilexiado do concello, á beira do río Ulla e aos pes do Monte Quintáns, a cal conserva moitas casas antigas e multitude de hórreos, ademais dunha peculiar zona, onde o embarcadoiro, na que se atopan unha fonte e un muíño bastante ben conservado, e á beira do río, o chamado Cruceiro do Cabo.
Neste treito final do río que vai desde a Illa de Bexo até a súa desembocadura fronte á Illa de Cortegada, foron aparecendo, debido ao efecto das correntes mariñas, numerosos montículos ou illotes de area. Na marxe oposta do río, atópanse as Torres de Oeste, pertencente ao municipio de Catoira.
- INFORMACIÓN
- Código: RI-NA013
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Espazos naturais
- Cronoloxía:
- Concello: Rianxo
- Parroquia: Santa María de Leiro
- Lugar: Abuín
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Non
- Referencias:
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.641460761744 , -8.7798602163049
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.