Busca

Amosando 313 - 336 de 424 resultados da busca.

Situado ao pé dunha pista medio asfaltada que se emprega como vía de servizo para a entrada das casas aquí existentes. Na zona coñecida como a Banda de Tarrío, no extremo occidental.

A cimentación é unha repisa moi alta para salvar un potente desnivel aquí existente, e é de cemento, sendo feita de novo cando se trasladou o hórreo de sitio. Ten tres…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado nunha finca privada pechada, a xeito de portada de entrada pola parte traseira. Pertence á casa nº 87, no lugar coñecido como a Banda de Tarrío.

Moi fermoso e singular exemplo de hórreo mixto con arco alintelado na repisa para permitir o paso por baixo. A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 3 metros de altura, cun van…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

No lugar coñecido como Rueiro, no extremo NE do núcleo, no alto dun outeiro.

A cimentación é unha repisa alta de perpiaños encintados con cemento, dun 1,50 metros de altura. Presenta un pequeno van rectangular no lateral leste. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente na repisa. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

No lugar coñecido como Eira dos Hórreos, ao pé dunha pista asfaltada.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito en moi mal estado, de 1,20 metros de altura. Fáltanlle pedras e está cuberto en parte por vexetación. Os soportes son catro cepas de pedra molduradas na parte superior e inferior. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado na finca traseira dunha vivenda privada, correspondente ao solar nº 1.

A cimentación non é visible. Os soportes son catro cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con ladrillo. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros con balaústres de madeira e dúas cintas, estando a madeira en bastante mal estado. Non…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha finca privada ao lado da casa nº 3 á que pertence, ao pé dunha pista asfaltada.

Cimentado nunha repisa de cachotaría de granito, duns 50 centímetros de alto. Os soportes son catro cepas de pedra molduradas na parte superior e encintadas con cemento. Os dous gabinetes situados máis ao norte  están pechados con ladrillo, cunha porta cada un…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado na finca pertencente á casa nº 52 de Traxeito, no alto do núcleo.

A cimentación é unha repisa moi alta de cachotaría de granito, de varios metros de altura. Os soportes son seis cepas de pedra molduradas na parte superior. Con excepción do primeiro gabinete, o resto está pechado con ladrillo e madeira. O tornarratos é unha peza corrida ao…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado na finca pertencente á casa nº 52 de Traxeito, no alto do núcleo, na mesma finca que outro hórreo.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito de pouca altura. Os soportes son catro cepas de pedra molduradas na parte superior. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros con balaústres de madeira e…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

No lugar coñecido como A Eira, no ángulo SE da aldea.

Fermoso exemplar de hórreo mixto, de considerable tamaño, con reloxo de sol e con cuberta de lousas. A cimentación é unha repisa de perpiaños de granito sobre a rocha natural, en parte tapada por espesa vexetación. Os soportes son cinco cepas de perpiaños. Tornarratos corrido ao longo…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Nun outeiro, no lugar coñecido como A Eira, no ángulo SE da aldea.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotes de granito encintados con cemento, a cal asenta sobre a rocha natural. Os soportes son cinco cepas de perpiaños. Os dous gabinetes do sur están pechados con ladrillos e os do norte teñen restos de balaústres de madeira. Tornarratos corrido…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Situado nunha cortiña no centro da aldea.

Fermoso exemplar de hórreo mixto de factura ruda. A cimentación non é visible. Os soportes son catro cepas de granito labradas na parte superior, con remates semicirculares e poligonais. Os gabinetes están pechados con cemento e malla metálica para galiñeiro e outros usos domésticos. Tornarratos corrido ao…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Na parte posterior da vivenda familiar, nunha horta bastante descoidada, na zona das Hortas Debaixo.

A cimentación non é visible. O soporte é un celeiro de pedra construído en datas recentes, con tres portas de madeira para uso doméstico, a xeito de galiñeiros ou leñeiras. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros,…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No curral doméstico e ao pé dun camiño, no extremo norte da aldea.

A cimentación é unha repisa alta de cachotes de granito. Os soportes son cinco cepas de perpiaño. Os gabinetes están pechados con balaústres e unha cinta de cemento, para usos domésticos. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten catro claros, pechados con balaústres…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Situado ás aforas do núcleo, nunha eira no ángulo NE da aldea.

A cimentación non é visible, ao estar o lugar cuberto de vexetación, mais parece que carece de plataforma. Os soportes son tres cepas de perpiaños. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, pechados orixinalmente con balaústres de madeira, aínda que…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Situado na mesma finca que outro hórreo, no núcleo da aldea.

Exemplar de gran tamaño de hórreo mixto. A cimentación é unha repisa alta de perpiaños encintada con cemento, de algo máis de 1 metro de altura. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente nela. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten catro claros con…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha finca con herba ao pé dunha pista asfaltada, fronte a portada de entrada ao Pazo de Tarrío.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito duns 30 centímetros de altura e cuberta de vexetación. Os soportes son catro cepas de pedra. O…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado no lugar coñecido como A Eira, ao pé dunha pista asfaltada.

A cimentación é unha repisa baixa pero ancha, duns 3,30 metros de ancho e 40 centímetros de alto. É de cachotaría de granito, cuberto en parte de vexetación. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento, cada unha sobre unha base rectangular tamén de cachotaría,…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

No patio pechado da casa, na parte traseira, correspondendo ao solar nº 26.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito e argamasa, de 1,20 metros de alto. Os soportes son tres cepas de pedra molduradas na parte superior e inferior. Os gabinetes, abertos, son empregados para gardar leña. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado nun pequeno patio pechado situado detrás da casa á que pertence, correspondente ao solar nº 30.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, recebada con cemento no seu lateral Oeste, medindo 50 centímetros por este lado e 1 metro polo lateral leste. Os soportes son catro cepas de pedra molduradas na parte superior, tamén recebadas…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

No medio da aldea, case afogado polas casas.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son catro cepas de perpiaños. Gabinetes pechados con ladrillo e cemento para uso doméstico. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas.  Presenta unha porta de…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Fonte construída con perpiaños de granito, rematada por enriba en pequena cornixa saínte biselada. Leva un cano central que verte sobre unha pía de pedra a ras do chan e con desaugadoiro. As pezas que a configuran teñen un relevo que conforma unha liña a modo de enmarque redondeado, que leva a cada lado unha figura en relevo, representando algún motivo floral ou vexetal.

Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga”, fai a…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte de auga sulfurosa que nace nunha braña ao carón do río Ulla. Está sen traballar, saíndo a auga de forma natural.

Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, escribe desta fonte: “Nas brañas de Bexo, en Anguieiro (Anquieiro na fala nosa) está A Fonte Mineral ou A Fonte do Mineral, nunhas campías preto do río. Pedro Gómez de…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría, sen cuberta.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría e cuberta a unha soa auga, con remate de tella curva sobre armazón de madeira.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga