Hórreo de Tarrío

Hórreo de Tarrío - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado ao pé dunha pista medio asfaltada que se emprega como vía de servizo para a entrada das casas aquí existentes. Na zona coñecida como a Banda de Tarrío, no extremo occidental.

A cimentación é unha repisa moi alta para salvar un potente desnivel aquí existente, e é de cemento, sendo feita de novo cando se trasladou o hórreo de sitio. Ten tres cepas de pedra, encintadas con cemento. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros con balaústres de madeira e dúas cintas, coa madeira pintada de vermello. Ten unha porta de madeira no lateral oeste, enmarcada por dúas columnas de pedra. Linteis, columnas e  cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra, encintada con cemento, con porta de madeira pintada de vermello. E penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de uralita. Os remates son dous pináculos piramidais moi estilizados, debaixo dos cales é visible unha bola achatada e cos ángulos marcados. Orientado ao NE.

No 2010, a cuñada do propietario di que debe ser antigo, aínda que foi cambiado de sitio, uns cen metros, xa que antes estaba diante da casa á que pertencía. Aínda se emprega para gardar o millo.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO031
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Tarrío
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, a repisa foi feita de novo, de cemento, a madeira empeza a estar gastada e a cubrición tamén foi renovada, cambiada por uralita.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 164)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Pexegueiro

Hórreo de Vigo

Hórreo de Rialiño

Hórreo de Traxeito