Hórreo de Tarrío
Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro
Situado no lugar coñecido como A Eira, ao pé dunha pista asfaltada.
A cimentación é unha repisa baixa pero ancha, duns 3,30 metros de ancho e 40 centímetros de alto. É de cachotaría de granito, cuberto en parte de vexetación. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento, cada unha sobre unha base rectangular tamén de cachotaría, encintada con cemento. As cepas dos extremos teñen moldura cara o interior. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros con balaústres de madeira, en mal estado, e unha cinta. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, con cemento por riba desta última para asentar a cubrición, de tellas do país. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, estando o van da porta rematado en arco de medio punto; e penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Remates: cruz latina alta florenzada con botón central e pináculo piramidal sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.
No 2010, di unha das propietarias que debe ser antigo, aínda que non pode precisar a súa cronoloxía. Probablemente teña máis de cen anos. Nesta eira, ao leste, quedan restos doutro hórreo, permanecendo en pé tan só os pés e os tornarratos transversais, atopándose cuberto de vexetación.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-HO026
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Hórreos
- Cronoloxía: -
- Concello: Dodro
- Parroquia: San Xián de Laíño
- Lugar: Tarrío
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
En bo estado de conservación.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 159)
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.721145476749 , -8.7108995088449
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.