Hórreo de Tarrío

Hórreo de Tarrío - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

No patio pechado da casa, na parte traseira, correspondendo ao solar nº 26.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito e argamasa, de 1,20 metros de alto. Os soportes son tres cepas de pedra molduradas na parte superior e inferior. Os gabinetes, abertos, son empregados para gardar leña. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros con balaústres de madeira e dúas cintas. Columnas e cornixa de pedra. Non ten dinte. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira e penal traseiro de pedra con oito fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: cruz latina florenzada con botón central, cos ángulos en chafrán e sobre escocia; e pináculo piramidal de gran tamaño sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.

No 2010, di a propietaria que tería máis de cen anos, aínda que non pode precisar a súa antigüidade.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO027
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Tarrío
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Moi boa, foi restaurado polos propietarios hai uns dez anos, cambiando a madeira, a cubrición e a cruz, que foi derrubada no ciclón sufrido nos anos trinta.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 156)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Bexo

Hórreo de Sar

Hórreo de Vigo

Hórreo de Lestrobe