Hórreo de Tarrío

Imaxe: Beatriz Pereiras
Situado nun pequeno patio pechado situado detrás da casa á que pertence, correspondente ao solar nº 30.
A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, recebada con cemento no seu lateral Oeste, medindo 50 centímetros por este lado e 1 metro polo lateral leste. Os soportes son catro cepas de pedra molduradas na parte superior, tamén recebadas con cemento no extremo superior. Os gabinetes están pechados con cemento e ladrillo, cada un cunha porta de madeira e malla metálica para gardar animais (coellos). O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, pechados con ladrillo, cunha porta no lateral oeste, pintada de verde e enmarcada con dúas columnas, unha de pedra e outra de cemento. Columnas e cornixa de pedra, unidas con cemento. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira pintada de verde e co van rematado en arco de medio punto, e penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella plana. Remates: cruz latina baixa e moi ruda, de sección cuadrangular sobre base cuadrangular e pináculo en forma de anforeta con remate superior cuadrangular horizontal. Orientado ao NE.
No 2010, a propietaria non sabe concretar a antigüidade, pero que tería máis de cen anos. Pola súa factura parece, efectivamente, ter certa antigüidade.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-HO028
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Hórreos
- Cronoloxía: -
- Concello: Dodro
- Parroquia: San Xián de Laíño
- Lugar: Tarrío
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Mala, non conservando as madeiras dos claros, sendo substituídas por ladrillo, e introducindo outros materiais de construción modernos como o cemento ou a tella plana.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 157)
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.720208285807 , -8.7107311327722
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.