Hórreo de Bustelo

Hórreo de Bustelo - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

No curral doméstico e ao pé dun camiño, no extremo norte da aldea.

A cimentación é unha repisa alta de cachotes de granito. Os soportes son cinco cepas de perpiaño. Os gabinetes están pechados con balaústres e unha cinta de cemento, para usos domésticos. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten catro claros, pechados con balaústres e dúas cintas de cemento. Ten unha porta de madeira no lateral leste, enmarcada por dúas columnas, unha de pedra e outra de cemento. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra.  Os dous penais son de pedra, o do norte con oito fendas de ventilación horizontais, e o do sur sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: no penal do Norte, cruz latina baixa de sección cuadrangular cos extremos florenzados, sobre base troncopiramidal cos ángulos redondeados e esta sobre pedestal cuadrangular; e no penal sur, pináculo piramidal estilizado cos ángulos convexos, rematado en media bóla ovoide e sobre base cuadrangular. Orientado ao NE-SW.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, este hórreo foi construído probablemente na década de 1880, segundo analoxías con outros hórreos da aldea, e modificado polo ano 1960, momento en que se substituíu a madeira polo cemento.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO043
  • Outras denominacións: Hórreo de José Rodríguez ou Hórreo de Ventura
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: 1880
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Bustelo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, coa substitución da madeira dos claros por cemento. A cubrición, de tella do país, atópase en mal estado.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 211)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Bustelo

Hórreo de Vigo

Hórreo de Bexo

Hórreo de Manselle