Busca

Amosando 193 - 216 de 934 resultados da busca.

Na zona alta da aldea, na zona coñecida como Eira das Cabanas.

Conxunto integrado por seis hórreos de tipo Mahía e Noia, con claros de pedra deixando aberturas horizontais para a ventilación, mixtos de pedra e madeira ou restaurados con ladrillo.

A…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Conxunto de dous hórreos localizados na Aldea de Abaixo, nun pequeno outeiro, no lugar coñecido como A Eira da Malla.

A cimentación do hórreo situado máis ao norte é unha repisa baixa de cachotaría de granito, a cal asenta sobre o rochedo natural do outeiro. Os soportes son seis cepas de pedra de perpiaños, coa pedra superior en horizontal. Os…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Nunha finca privada pechada, pertencente á casa chamada Casa das Craveiras, no nº 26.

Cimentado sobre unha repisa baixa de cachotaría de granito encintada con argamasa. Os soportes son cinco cepas de pedra con molduras na parte superior. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten catro claros, con balaústres de madeira e dúas cintas,…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

No muro de peche dunha propiedade, ao pé dunha pista asfaltada.

Estraña tipoloxía de hórreo mixto, moi ancho e, en vez de ter cepas ou pés presenta un celeiro ou baixo a modo de soporte. A cimentación é o propio muro de peche da finca, de cachotaría de granito. Enriba desta, o soporte, un celeiro, baixo ou casadeira, de perpiaño de granito, o cal…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha finca privada pechada, correspondente ao xardín traseiro da vivenda á que pertence.

Cimentado sobre unha repisa baixa de lousas de granito encintadas con cemento. Os soportes son catro cepas de pedra, cos gabinetes dos extremos pechados con ladrillo e portas de madeira. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Conxunto de hórreo e pombal no interior da horta dos seu propietario, no lugar coñecido como Agro da Chousa, no Quinteiro de Arriba. 

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, cunhas escadas de pedra con catro grades paralelas á repisa, no lateral leste. Os soportes son catro cepas de pedra, encintadas con cemento e con restos…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Tamén coñecido como "do Arco" ou "Pontello", está localizado no centro da aldea de Castro.

Magnífico exemplar de hórreo mixto, tanto por tamaño como, sobre todo, por factura. A cimentación é unha espectacular repisa de perpiaño de granito, de gran altura e coa particularidade de presentar no centro un gran arco de medio punto, a xeito de pasadizo,…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Localizado no patio dunha casa nº 36.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, a cal só é visible no extremo sur, estando o resto tapado por unha plataforma de pedra e cemento que salva o desnivel existente entre o hórreo e a casa. Entre o tramo de repisa que conserva e a plataforma do patio ten unha cimentación de cemento, onde é visible…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado no  muro de peche dunha finca privada, ao pé do camiño vello, hoxe bastante abandonado. Na finca traseira dunha vivenda privada.

A cimentación é de perpiaños e cachotes de granito, duns 1,70 metros de altura máxima (situado nunha costa). Os soportes son cinco cepas de pedra, cos gabinetes pechados con ladrillo e cemento, e o segundo tamén…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha finca ao pé dunha pista asfaltada.

Fermoso exemplar de hórreo mixto, de considerables dimensións. Cimentado nunha repisa de cachotería de granito, duns 60 centímetros de alto no lateral leste, chegando  a ter 1,50 metros de altura no lateral SW, cun importante desnivel. Na parte dianteira ten unha pedra rectangular paralela á cepa para o…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha finca privada dedicada a viñas.

Cimentado nunha repisa de cachotaría de granito, duns 2,5 metros de alto no lateral oeste. Os soportes son catro cepas de pedra, cos gabinetes pechados con ladrillo, con malla metálica e con portas de aluminio no lateral oeste. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, os…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Abaixo, na zona do Quinteiro de Abaixo, no patio dunha propiedade privada nº 9.

A cimentación é unha repisa moi alta de cachotes e perpiaños de granito. A altura débese á necesidade de elevar o hórreo para que lle dea o vento. No lateral oeste son visibles, acaroadas paralelamente á plataforma, unhas escadas de pedra para…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Abaixo, na rúa Os Outeiros, ao pé dunha pista asfaltada, fronte a vivenda nº 4.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son cinco cepas de perpiaño, coa pedra superior en horizontal e traballada cos ángulos redondeados. Os gabinetes están abertos, empregados para gardar leña. Na parte frontal…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Abaixo, no patio traseiro da casa nº 5 á que pertence, preto da praza de Chan da Viña.  

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría e perpiaños de granito, con pequenas pedras nas xuntas. Acaroado ao ángulo SW da plataforma, son visibles unhas escadas de pedra para o acceso ao hórreo, con cinco grades, ao sur…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Abaixo, na Corredoira de Folgueiras, ao pé dunha pista asfaltada, xunto a vivenda nº 2.

A cimentación, sobre unha pequena plataforma de cemento que lle dá acceso por medio dunhas escadas, é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, parece que de factura máis ou menos recente. Non ten soportes, asentando o…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Abaixo, na rúa Nova, no interior dunha propiedade pechada, a nº 35.

Parece que carece de repisa ou plataforma. Os soportes son seis pés de sección cuadrangular. O tornarratos é unha pedra transversal sobre os dous pares de pés dos extremos, mentres que sobre o par de pés do centro é unha pedra circular sobre cada columna. Ten…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Ao lado da casa do seu propietario e ao pé dun camiño que separa a aldea entre o Quinteiro do Medio e A Rúa, no lugar de Imo chamado A Rúa.

A cimentación é unha alta repisa que serve de peche da propiedade, de cachotaría de granito encintada con cemento. Os soportes son catro cepas de pedra con moldura semicircular na parte superior. Os gabinetes…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No lugar chamado Aldea de Riba, na horta do seu propietario, pechada cun valado de cachotaría, xunto con outras dependencias domésticas. A casa á que pertence é coñecida como a Casa de Cabanas, identificándose co solar nº 8.

A cimentación non é visible, sendo o soporte un celeiro de cemento, con espazo para gardar cosas o seu interior. O tornarratos é…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Nun extremo da praza onde se atopa o Cruceiro de Revixós, nunha finca pechada.

Fermoso exemplar de hórreo mixto, nunha horta pertencente a unha vivenda tradicional restaurada. A súa cimentación é un muro ou repisa de cachotaría de granito duns 10…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Na zona do Rueiro, moi preto doutro hórreo (nº 17), ao NW, mais noutra finca.

A cimentación non é visible, tendo como soportes catro cepas altas de pedra, con suave moldura na parte superior. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, e unha porta de…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Na zona do Rueiro.

Fermoso exemplar de hórreo mixto. A cimentación é unha alta repisa de cachotaría de granito, actualmente recebada e con algún ladrillo, que serve de muro de peche da finca. Mide 2,40 metros de altura na parte máis alta (está nunha pequena costa) e 1,50 metros na parte máis baixa. Ao estar tan alto son visibles motivos decorativos en…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No lugar chamado O Outeiro. Hai outros catro hórreos no Outeiro, mais con ladrillos e cemento.

Cimentado sobre un muro ou repisa de cachotaría de granito baixa, duns 30 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, estando o gabinete norte pechado con cemento e cunha porta de chapa metálica no lateral leste. O tornarratos é unha pedra…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No lugar coñecido como O Cachón, moi preto de outro hórreo.

Exemplar de hórreo mixto de gran tamaño. Cimentado sobre un muro ou repisa de cachotaría de granito que salva o desnivel aquí existente, cunha altura máxima de 1,50 metros. Os soportes son cepas de pedra. O segundo, terceiro e cuarto gabinetes, comezando desde o norte, están pechados con…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No lugar coñecido como O Cachón. Está nun alto, ao lado dunha pista asfaltada.

Fermosísimo exemplar que destaca pola súa factura ruda e primitiva. Non ten repisa, non quedando á vista a súa cimentación. Os seus soportes son catro cepas feitas de forma moi ruda, de granito sen traballar. Na xuntura das pedras é visible argamasa de arxila amarela e…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos