Hórreo de Traxeito

Hórreo de Traxeito - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Nunha finca privada dedicada a viñas.

Cimentado nunha repisa de cachotaría de granito, duns 2,5 metros de alto no lateral oeste. Os soportes son catro cepas de pedra, cos gabinetes pechados con ladrillo, con malla metálica e con portas de aluminio no lateral oeste. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, os cales non conservan a madeira, estando pechados con ladrillo, cunha porta de madeira pintada de vermello no lateral oeste enmarcada con dúas columnas de pedra. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa refeita en cemento. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira pintada en vermello. Penal traseiro tamén de pedra, sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de tella do país. Remates: cruz latina alta florenzada con botón central, de sección cuadrangular, sobre escocia e esta sobre base cuadrangular; e pináculo piramidal. Orientado ao NE.

No 2010, os veciños non concretan a antigüidade, aínda que din que debe ser antigo.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO014
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Traxeito
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, introduce materiais de construción modernos (ladrillo e cemento) nos claros e gabinetes e na cornixa.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-69)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 172)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Teaio

Hórreo de Tarrío

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Bexo