Hórreo de Lestrobe
Imaxe: Beatriz Pereiras
Na zona do Rueiro.
Fermoso exemplar de hórreo mixto. A cimentación é unha alta repisa de cachotaría de granito, actualmente recebada e con algún ladrillo, que serve de muro de peche da finca. Mide 2,40 metros de altura na parte máis alta (está nunha pequena costa) e 1,50 metros na parte máis baixa. Ao estar tan alto son visibles motivos decorativos en forma de rombos escavados na pedra na cara inferior do corpo do hórreo. Os soportes son oito pés en forma de columnas de sección cuadrangular cos ángulos chafranados con excepción da parte inferior. Os tornarratos son pedras individuais circulares, un sobre cada pé, os cales están pegados con cemento. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, e porta de madeira no lateral norte. Linteis, columnas e cornixa de pedra. Penal frontal con porta de madeira e penal traseiro de pedra con seis fendas de ventilación horizontais e verticais. Ten fendas de ventilación tamén nos laterais do hórreo. Ten sobrepenas sobre os dous pinches, ambos de pedra. Cubrición con tella do país. Rematado nunha cruz latina sobre unha base cuadrangular na parte dianteira; non conserva o outro remate, só a base cuadrangular. Orientado ao NE.
No 2010, segundo os veciños, tería máis de cen anos.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-HO218
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Hórreos
- Cronoloxía: -
- Concello: Dodro
- Parroquia: Santa María de Dodro
- Lugar: Lestrobe
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
En bastante bo estado de conservación aínda que abandonado, coa madeira e a cubrición gastadas.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 17)
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.733159411216 , -8.6699932172851
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.