Hórreo de Lestrobe

Imaxe: Beatriz Pereiras
Na zona do Rueiro, moi preto doutro hórreo (nº 17), ao NW, mais noutra finca.
A cimentación non é visible, tendo como soportes catro cepas altas de pedra, con suave moldura na parte superior. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, e unha porta de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas de pedra sobre as que son visibles molduras de madeira para a suxeición do teito. Cornixa de madeira. Penal frontal de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra, sen ventilación. Ten sobrepenas sobre os dous pinches, ambos de pedra. Cubrición con tella do país. Os remates son unha cruz latina con extremos florenzados sobre unha base en forma de escocia que descansa á súa vez sobre unha base cuadrangular; e un pináculo de gran tamaño no lado oposto. Orientado ao NE.
No 2010, segundo os veciños, tería máis de cen anos.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-HO138
- Outras denominacións: Hórreo do Figueiredo
- Tipoloxía: Hórreos
- Cronoloxía: -
- Concello: Dodro
- Parroquia: Santa María de Dodro
- Lugar: Lestrobe
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Regular, a madeira está en moi mal estado.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 18)
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.733310834415 , -8.6700442228962
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.