Hórreo de Rialiño

Hórreo de Rialiño - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Nunha finca privada pechada, pertencente á casa chamada Casa das Craveiras, no nº 26.

Cimentado sobre unha repisa baixa de cachotaría de granito encintada con argamasa. Os soportes son cinco cepas de pedra con molduras na parte superior. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten catro claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Columnas de pedra molduradas na parte inferior, e cornixa tamén de pedra e moldurada. Penal da fronte de pedra, con porta de madeira e penal traseiro de pedra con sete fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de uralita e por riba tella do país. Remates: cruz latina alta florenzada con botón central, chafranada, sobre escocia e esta sobre base cuadrangular; e pináculo piramidal de grandes dimensións sobre base cadrada. Na parte dianteira ten unha plataforma de pedra con dúas grades a cada lado. Orientado ao NW.

No 2010, di o propietario que é moi antigo, que xa lle acorda ao seu sogro, ten máis de cen anos. O tamaño do hórreo e o feito de que pertencera a unha soa persoa indica que se trataba dunha familia moi podente que tiña moitas leiras.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO006
  • Outras denominacións: Hórreo da Casa das Craveiras
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Rialiño
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Moi boa, restaurado polos propietarios.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-01A)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 137)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Vigo

Hórreo de Imo

Hórreo de Teaio

Hórreo de Sar