Hórreo de Teaio

Hórreo de Teaio - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Conxunto de hórreo e pombal no interior da horta dos seu propietario, no lugar coñecido como Agro da Chousa, no Quinteiro de Arriba. 

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, cunhas escadas de pedra con catro grades paralelas á repisa, no lateral leste. Os soportes son catro cepas de pedra, encintadas con cemento e con restos de recebado, co perpiaño superior en posición horizontal. Tornarratos corrido ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, a madeira pintada de vermello no lateral leste. Ten unha porta de madeira no lateral leste. Os esquinais son de pedra, con sete fendas de ventilación horizontais. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son de pedra, con 18 fendas de ventilación horizontais dispostas en dúas ringleiras de 9 fendas cada unha. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país, cuberta de herba. Remates: cruz latina alta de sección cilíndrica, sobre base en escocia: e pináculo en forma de anforeta rematado nunha gran bóla. Orientación NE-SW.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría da década de 1920. Pola tipoloxía do hórreo, parece datarse a comezos do século XX.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO009
  • Outras denominacións: Hórreo de Manolo Garrido
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: 1920
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Teaio
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, en estado de abandono, con parte da madeira e a cubrición en mal estado, estando as tellas e a pedra cubertas de vexetación.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-19)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 263)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Vigo

Hórreo de Eiró

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Vigo